Unha obra na rede provincial no Concello de Vilamartín e a prestación do servizo ‘punto limpo’ en Viana e A mezquita nas comisións da Deputación de Ourense

  • Cooperación cos concellos en materia de subministración de auga e «punto limpo»
  • As comisións informativas da Deputación de Ourense celebran as súas reunións no Pazo Provincial
  • Nas xuntanzas de onte celebraranse as comisións de cooperación, facenda e transparencia

 

1fachada-deputacin-ouHoxe, na comisión de Termalismo, Turismo e Medio Ambiente abordaranse tres convenios de cooperación, un referido ao control da subministración de auga potable ao Concello de Avión, segundo o cal a Deputación de Ourense prestará cooperación financeira e asistencia técnico a este municipio para a realización de accións de control da subministración domiciliaria de auga potable, no marco da xestión municipal do servizo de abastecemento domiciliario. Á cooperación financeira refírese ao préstamo de 153.440 euros e cun prazo de amortización equivalente ao da duración do convenio (catro anos, prorrogables por catro máis). O obxectivo deste préstamo é financiar a adquisición de novos contadores de auga, a súa instalación e a elaboración do padrón-base. A asistencia técnica consistirá na elaboración dun estudo dos usuarios dos servizos de abastecemento e saneamento do concello e a instalación dos contadores necesarios para a regularización do parque de contadores.

Os outros convenios a tratar na xuntanza son os relativos ao servizo intermunicipal do punto limpo, por unha parte, entre a Deputación de Ourense coa Mancomunidade de municipios da comarca de Verín e, por outra, coa Mancomunidade de municipios de Conso-Frieiras e os concellos de Viana do Bolo e A Mezquita, para a prestación deste servizo por parte do goberno provincial.

Nas reunións de hoxe, na comisión informativa Especial de Facenda abordarase a delegación na Deputación de Ourense das competencias de xestión tributaria e recadación das taxas do Consorcio Provincial de Ourense para a prestación do servizo contra Incendios e Salvamento. Asemade tratarase a modificación dos expedientes nº 3/2016 e 4/2016 de modificación de créditos para o exercicio de 2016.

Por último, na comisión de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural tratarase a expropiación forzosa para a execución da obra «mellora, pavimentación e apertura accesos rede viaria municipal», no Concello da Peroxa. Por outra parte, abordarase a modificación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e de rede viaria provincial do exercicio 2016, relativa á obra da rede provincial nº 135/POS/2016 do Concello de Vilamartín de Valdeorras e á obra nº 133/POS/2016 do Concello da Teixeira.

También te podría gustar...