Unha falecida e 40 feridos nun accidente múltiple na A-8

Cedida

Cedida

Unha muller faleceu e unhas 40 persoas resultaron feridas de distinta consideración nun accidente múltiple rexistrado na mañá deste sábado na autovía A-8. Aínda que as colisións se sucederon ao longo de varios quilómetros, o inicio do suceso estivo no paso da vía pola localidade lucense de Abadín.

Segundo informaron a Europa Press fontes de emerxencias, no suceso víronse implicados en torno a medio centenar de vehículos, entre eles varios camións, que colisionar en cadea dende pouco antes do quilómetro 549 sentido Lugo.

Todo parece apuntar a que o suceso estivo motivado pola escasa visibilidade da zona, xa que a área estivo sumida durante toda a xornada nunha espesa néboa.