2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112Os Bombeiros de Verín excarceraron ao conductor dun coche que se viu implicado nun accidente con outro turismo na N-525, ao seu paso por Monterrei.

O estado do ferido motivou a movilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ademais, houbo outro ferido de carácter leve.

Ás 15:00 horas desta tarde un particular alertou ao persoal do 112 Galicia, que pasou aviso a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Verín e Grumir de Laza, ademáis dos efectivos do parque comarcal de Verín.