IMG_20130723_173906  

As altas presións irán entrando progresivamente en Galicia desde os Azores durante a xornada de hoxe e traerán estabilidade atmosférica, aínda que na últimas horas do día un sistema frontal pouco activo rozará a Comunidade e provocará algunhas chuvias, informa Meteogalicia.

Desta forma, predominarán as nubes baixas nas primeiras horas e os ceos limpos á tarde no sur, con temperaturas aínda baixas e ventos frouxos do oeste.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 11° 20°, Ferrol 11° 20°, Lugo 9° 21°, Ourense 9° 24°, Pontevedra 12° 21°, Santiago de Compostela 10° 20° e Vigo 11° 21°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do noroeste, forza 2 a 5; de marusía a mar ovellado; visibilidade de regular a boa; mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2 metros.

Ferrol-Bares: Vento do noroeste, forza 2 a 4; mar ovellado; visibilidade de regular a boa; mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2.5 metros.

Costa da Morte: Vento do noroeste, forza 2 a 4; mar ovellado; visibilidade de regular a boa; mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2.5 metros.

Rías Baixas: Vento do norte, forza 3 a 5; marusía; visibilidade de regular a boa; mar de fondo do noroeste con ondas de 1 a 2 metros.

EFE.