Últimos días para inscribirse no campamento “Explora Ourense. Campamento da ourensanía”

1Fachada Deputacin

 

Mañá venres, 12 de xuño, remata o prazo para inscribirse no campamento da ourensanía “Explora Ourense”. Esta actividade está promovida pola Deputación de Ourense en colaboración co colectivo Sustinea, e terá lugar entre os días 18 de xullo ao 1 de agosto no albergue do Corgo (Muíños), dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos. Durante estas xornadas, os participantes poderán facer diversas actividades como roteiros polo parque natural do Xurés, travesías náuticas, descubertas etnográficas, obradoiros, tiro con arco, orientación, vivaque e xogos. O campamento oferta un total de 50 prazas, cun custo de 88 euros por neno, en dúas quendas, unha para franxa de idade de 9 a 11 anos e outra para os de 12 a 14 anos. Os interesados poden realizar a súa inscrición a través da web www.exploraourense.com

 

También te podría gustar...