UGT-Valdeorras da resposta ós comentarios da CIG tras a firma do convenio da pizarra

UGT GaliciaUGT-Valdeorras da resposta ós comentarios da CIG tras a firma do convenio da pizarra no que firmaron UGT, CCOO e non a CIGA.

A continuación os deixamos o comunicado remitido por UGT.

Ante as denuncias formuladas polo sindicato CIG e o inicio dunha campaña mediática contra a firma dos últimos conveniso colectivos da pizarra, dende UGT, como sindicato con representación maioritaria manifestan que:

  1. A CIG non so está en contra deste convenio, está e estivo, en contra de todos e cada un dos acordos que se firmaron no sector. Se pola súa labor fora, os empregados da pizarra estarían afastados da negociación colectiva e amparados, únicamente, polo Estatuto dos Traballadores en canto a dereitos e salarios se refire.
  2. Durante a negociación do convenio, firmado baixo a implacable sombra da última reforma laboral que situou a parte social nunha posición francamente desfavorable, a CIG non plantexou unha soa proposta, nin tan siquera un comentario ou a máis mínima observación, discordante ou conforme, sobre todo canto se falou na mesa negociadora. Postura afastada á mantida por CCOO, que se adheríu e amosando a súa total conformidade con negociado. Demostrando coa non aceptación a última hor, unha absoluta falta de seriedade e rigor.
  3. Por desgraza, este posicionamento do sindicato CIG non nos sorprende. Anclado na típica postura radical, alonxada da realidade oberira e profundamente frontista. Estamos convencidos que o medo e nerviosismo da CIG ante as vindeiras eleccións sindicais, e o rexeitamento que, unha vez mási, amosarán os traballadores e traballadoras da comarca ante o seu  discurso valeiro e damagóxico, están detrás desta campaña claramente electoral iniciada, curiosamente, tres meses despois da firma do convenio da pizarra.

También te podría gustar...