Turismo de Galicia investirá na construción do acceso ao castelo de Monterrei para facilitar as visitas ao complexo

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución de Turismo de Galicia pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras de construción do acceso ao castelo de Monterrei.

As obras teñen como obxecto a construción do conxunto do viario da fortaleza así como dos sistemas xerais de instalacións e o seu prazo de execución será de tres meses.

A intervención na rede de camiños de Monterrei incluirá un sistema de saneamento, unha rede de abastecemento de auga que disporá de acometidas en espera a cada unha das edificacións do entorno, un proxecto de alumeado que permitirá no futuro implantar unha instalación de iluminación pública, a instalación de subministración de enerxía que asume tanto as necesidades actuais como as futuras para o transporte de enerxía, e unha rede de telecomunicacións que incluirá unha canalización enterrada para servizo de distribución e acometida ás edificacións existentes.

A licitación destas obras no acceso ao castelo ten lugar tras o remate do proxecto de rehabilitación do conxunto arquitectónico promovido por Turismo de Galicia e levado a cabo co obxectivo prioritario da súa revitalización para usos culturais e turísticos.

Grazas a dita actuación reforzouse o carácter turístico do castelo de Monterrei garantindo o seu uso público e poñendo en en valor un dos bens culturais máis importantes de Galicia.

O proxecto de rehabilitación para conservar este ben cultural incluíu tanto a adecuación do Castelo como dos seus arredores. Agora, Turismo de Galicia inverterá na construción do acceso ao mesmo coa finalidade de facilitar as visitas ao complexo.

O obxectivo prioritario é fomentar o uso cultural do edificio, para revitalizalo con programas como ‘Vive o Castelo’, que contou na súa primeira edición con preto de 2.000 participantes, e tamén para usos turísticos, sen que deixe de ser público.

O prazo para a presentación das ofertas comeza hoxe e a data límite é o vinte e seis día natural contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

También te podría gustar...