Foto Archivo

Foto Archivo

O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela evacuou esta tarde a un motorista que resultara ferido nun accidente de tráfico. O persoal sanitario alertou ao 112 Galicia minutos antes das 15:30 horas de hoxe e informou da mobilización da aeronave ao lugar do suceso, debido ao estado do ferido.

Así, dende o CAE Galicia informouse aos membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, Protección Civil de Quiroga e axentes da Garda Civil de Tráfico. O sinistro rexistrouse no concello lucense de Quiroga, á altura do lugar Campos de Vila, na parroquia de San Salvador de O Hospital.

 

Axencia Galega de Emergencias

image_gallery