A Xunta salienta o traballo coordinado co goberno de España para mellorar a seguridade viaria do Camiño de Santiago

  • Ethel Vázquez destaca que os Orzamentos da Xunta para 2016 recollen o investimento de 250.000 euros na mellora das estradas autonómicas polas que pasa a Ruta, de acordo co previsto no Plan Director do Camiño de Santiago
  • Destaca que o Goberno galego xa vén traballando nesa dirección e neste exercicio mellorou a sinalización horizontal das estradas autonómicas do Camiño Francés

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, destacou onte o traballo coordinado que realizan a Xunta e o Goberno de España para mellorar a seguridade viaria do Camiño de Santiago. Así o manifetou durante o acto de presentación esta tarde, no concello do Pino, do proxecto de mellora dos cruces da Ruta Xacobea, a cargo da ministra de Fomento, Ana Pastor.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda e a directora de Turismo de Galicia asistiron á presentación, por parte da ministra de Fomento, do proxecto de mellora dos cruces da Ruta no concello do Pino

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda e a directora de Turismo de Galicia asistiron á presentación, por parte da ministra de Fomento, do proxecto de mellora dos cruces da Ruta no concello do Pino

No acto, no que tamén participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a conselleira de Infraestruturas destacou que, tal e como está previsto no Plan Director do Camiño de Santiago, os Orzamentos da Xunta para 2016 prevén o investimento de 250.000 euros na mellora das estradas autonómicas polas que transcorre a Ruta Xacobea.

Ademais, destacou que o Goberno galego xa vén traballando nesa dirección e, de feito, neste ano 2015 xa mellorou a sinalización horizontal das estradas autonómicas do Camiño Francés.