• A reivindicación partiu da plataforma ciudadana impulsada polos país e nais do alumnado do Centro de Educación Especial Miño
C.E.E. Miño

C.E.E. Miño

El grupo municipal Son de Trives apoia a recolle firmas que está a levar a Plataforma PROCAPD _plataforma que reclama un centro público de atención a persoas con discapacidade funcional_.

Son de Trives afirma que cree na xestión pública dos recursos. Por iste motivo, “sumase ás demandas realizadas polos membros da asociación de nais e pais do alumnado do Centro de Educación Especial Miño (Velle-Ourense) ante as diferentes administracións públicas respecto á dotación dun centro de continuidade para persoas con diversidade funcional en Ourense”.

Argumenta que Ourense é a única provincia de Galicia que non conta cun centro destas características, polo que, a partir dos 21 anos, idade na que finaliza o período escolar nos centros de educación especial, “moitas persoas non poden continuar coa súa formación, ao non ter un centro público de continuidade, que dispoña de prazas de día nin residenciais para quenes non poidan residir no seu domicilio”.

Ante esta situación, Son de Trives participa e organiza activamente no seu territorio a recollida de sinaturas que están a levar a cabo desde a Plataforma PROCAPD, “dando mostra de que a suma multiplica e que o esforzo colectivo dará os seus froitos”, engade.

Deste xeito, repartirán por distintos locais públicos follas para que quen o desexe poida asinar e colaborar para conseguir un centro público, destas características en Ourense.

As follas das sinaturas pódense imprimir, difundir, asinar, etc. e logo facerllas chegar á Plataforma PROCAPD Ourense.