Sinistralidade laboral en agosto: 1.655 accidentes laborais

empleados de la construccionSinistralidade laboral en agosto: 1.655 accidentes laborais, segundo os datos publicados hoxe por la Xunta.

O total dos accidentes laborais en xornada laboral rexistrados en Galicia en agosto de 2014 aumentou un 0,24%. Neste mes rexistráronse 1.655 accidentes fronte aos 1.651 accidentes rexistrados no mesmo mes do ano anterior. Do total dos accidentes, 1.624 foron accidentes leves, 29 graves e 2 mortais.

O comportamento dos sectores non foi uniforme, diminuíron os accidentes: na construción nun 13,87% e na industria nun 6,96%. Os accidentes aumentaron: na pesca nun 4,60%, nos servizos nun 6,97%, e na agricultura nun 12,09%,

Para ter unha visión precisa da evolución da sinistralidade laboral, utilízase o índice de incidencia, que compara o número de accidentes co número de traballadores coas continxencias profesionais cubertas.

O índice de incidencia do total dos accidentes en xornada laboral en Galicia, diminuíu un 0,58% en agosto deste ano respecto ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, as diminucións foron: na construción do 13,46% e na industria do 5,44%. Nos demais sectores, os aumentos foron: nos servizos nun 5,04%, na pesca nun 7,67% e na agricultura nun 14,51%.

Doutra banda, a sinistralidade laboral aumentou un 1,93% nos primeiros oito meses do ano, cun total de 14.659 accidentes laborais fronte aos 14.381 no mesmo período do ano 2013.

Agás en Pontevedra, este aumento dos accidentes laborais deuse en todas as provincias. Aumentaron os accidentes: na Coruña nunha porcentaxe do 7,05%, en Lugo nun 3,87% e en Ourense nun 2,04%. Os accidentes diminuíron en Pontevedra nun 5,74%.

También te podría gustar...