‘Sería un orgullo para a provincia contar coa súa representación na división de prata do rugby nacional’, Manuel Baltar sobre o Ourense Coosur Rugby Club

  • Manuel Baltar recibe á directiva e xogadores do Ourense Coosur Rugby Club
Manuel Baltar recibe á directiva e xogadores do Ourense Coosur Rugby Club

Manuel Baltar recibe á directiva e xogadores do Ourense Coosur Rugby Club

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu a membros da directiva do Campus Universitario de Ourense Coosur Rugby Club, encabezados polo seu presidente, Luis Murias Quintián, e acompañados polo adestrador da primeira plantilla e xogadores, entre os que se atopaban os tres estranxeiros que militan no equipo que gañaron recentemente a liga na 1ª autonómica galega e que se atopa actualmente disputando a fase de ascenso a división de honor B.

Baltar felicitounos polo título acadado e desexoulles éxitos no encontro que disputarán en Monterrei este domingo ás 12.00 horas, «xa que sería un orgullo para a provincia contar coa súa representación na división de prata do rugby nacional», afirmou o presidente.

Pola súa banda, o presidente dos colexiais comentou o importante crecemento que o rugby está a ter e os proxectos que o club está a levar a cabo para promocionar este deporte na provincia, así como o anhelo de xogadores e directiva «por alcanzar o ascenso á división nacional, que ante a restruturación que sufriu a competición fai uns anos, sería un hito histórico para o club que xa militou en primeira nacional fai cinco tempadas», sinalou o presidente.

También te podría gustar...