Semana Santa: O 061-Galicia asistiu a 118 persoas por 80 accidentes de circulación

  • Dende as 15:00 horas do mércores 23 de marzo ata as 23:59 horas do domingo 27 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 93 chamadas por accidentes de tráfico
Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa a un total de 118 persoas debido a 80 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do mércores, 23 de marzo ata as 23:59 horas do domingo, 27 de marzo. O día da Semana Santa que rexistrou máis incidentes foi o venres con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 93 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 80 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 118 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 48 e 52 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 40,5 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 40 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

40
Lugo
6
Ourense
8
Pontevedra
26
Galicia
80

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 100. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a seis sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 85 ocasións, o helicóptero medicalizado nun sinistro e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en catro sinistros.

En 100 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 16 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto do sinistro.

También te podría gustar...