Según o Sergas: ‘Nos últimos cinco anos o HCV aumentou de xeito histórico seu persoal e especialidades’

Concentracions no Hospital do Barco

Así o puxo onte de manifesto nun comunicado.

O Hospital Comarcal de Valdeorras aumentou de xeito histórico nos últimos cinco anos tanto seu cadro de persoal facultativo, pasando de 66 a 70, como de especialidades médicas que se ofertan directamente desde Valdeorras, con cinco novas especialidades: Cardioloxía, Neuroloxía, Endocrinoloxía, Dixestivo e Reumatoloxía, esta última este mesmo mes de maio.

Esta ampliación na carteira de servizos é inédita desde a apertura do propio hospital, en 1984, estando todas elas perfectamente coordinadas cos os centros de saúde da bisbarra, desde onde se pode solicitar cita, asi como cos servizos de Ourense de cara a facilitar a coordinación e continuidade de coidados, traballando de acordo aos mesmos protocolos.

Así, ata a súa implantación no HCV, os usuarios da Área de Valdeorras tiñan que desprazarse a Ourense para ser atendidos en consulta ou realizar numerosas probas diagnósticas destas especialidades, polo que súa posta en marcha é unha mais que evidente mellora de accesibilidade.

Ademais desta vantaxe, hai que resaltar que, estas cinco novas especialidades coas que conta o HCV, atenden algunhas das patoloxías crónicas mais prevalentes entre a poboación da provincia, como as patoloxías cardiolóxicas, a Diabete, as enfermidades reumáticas, as úlceras, demencias e un longo etcétera.

Persoal do propio centro

As novas especialidades implantadas están atendidas por facultativos especialistas no propio HCV, con gran estabilidade desde o inicio. Todas elas teñen capacidade para a realización de probas diagnósticas, interconsultas, ingreso e consultas externas.

Parellamente, por primeira desde 1984, o HCV completou seu cadro de persoal facultativo, e tódalas especialidades cirúrxicas teñen plena capacidade asistencial, en tramo ordinario e urxente, manténdose o mesmo número de profesionais.

Reorganización dos Servizos de Rehabilitación

O Servizo de Rehabilitación e Medicina Física estase estes días reorganizándose a nivel provincial, de cara ao ofertar a mesma carteira de servizos a toda a poboación, dacordo a protocolos comúns, que faciliten a coordinación na asistencia, tanto de pacientes ambulantes, como dos ingresados en calquera dos tres centros hospitalarios.

Nesta liña, esta prevista a ampliación de servizos a nivel de Atención Primaria, como a nova unidade implantada no centro de Saúde de A Carballeira, en Ourense, e a próxima extensión destes servizos a Carballeda de Valdeorras, á volta do verán, para o que está previsto o aumento de persoal de fisoterapia na Área de Valdeorras.

Asemade, o Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Laboral traballa estes días nunha reorganización das axendas de citación de saúde laboral no HCV, para o que este hospital conta cunha praza de facultativo especialista, a quen corresponde esta labor.

También te podría gustar...