Sanidade vén de conceder axudas por importe de 200.000 euros para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes drogodependentes

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería de Sanidade vén de conceder axudas, por importe de 200.000 euros, a entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias.

A finalidade destas axudas do departamento que dirixe Rocío Mosquera é apoiar ás persoas a tratamento de deshabituación de trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha vida autónoma.

Os tipos de axudas son referidas á contratación de persoal necesario para a realización de actividades e programas específicos da vivenda onde se desenvolva o programa de incorporación social, ou para gastos correntes de mantemento da vivenda onde se leve a cabo dito programa.

Normalización na vida cotiá
Os programas obxecto desta subvención son os de apoio a procesos de rehabilitación de distintas drogodependencias non alcohólicas que instrumentan accións cuxa finalidade é conseguir a normalización na vida cotiá da comunidade de persoas facilmente vulnerables dende o punto de vista social.

Sinalar, así mesmo, que o programa e actividades teñen un carácter integral, iniciándose cun diagnóstico global e establecendo un proceso de incorporación social. A orientación corresponde inicialmente ao ámbito sanitario, que avalia a situación global da persoa co fin de propoñer as alternativas máis axeitadas.