Rogelio Martínez recibiu esta mañá ao novo presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais

Visita COGAVE

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, recibiu esta mañá ao novo presidente da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE), Eladio Fernández. O representante do Goberno galego na provincia ourensá mantivo así o seu primeiro encontro institucional con Fernández desde que foi elixido, a finais de xuño, presidente do movemento veciñal galego.

Na xuntanza analizaron liñas de cooperación para favorecer ás reivindicacións dos colectivos veciñais. Rogelio Martínez lembrou que a Xunta acaba de asinar un convenio de colaboración con Cogave, mantendo así a colaboración e apoio da Xunta coas federacións veciñais de Galicia. Así, o delegado territorial destacou que o Goberno galego por medio de este convenio contribúe á mellora da calidade da vida local mediante o estímulo da dinamización da vida interna das asociacións, na procura de ámbitos de convivencia colectiva, de harmonización social e de potenciación dos valores e finalidades socioculturais das organizacións veciñais de Galicia.

A Confederación Galega de Asociación de Veciños é unha confederación que reúne á meirande parte das Federacións de asociación de veciños de Galicia e ten coma un dos seus obxectivos primordiais dinamizar o movemento veciñal de Galicia, dando os servizos que as federacións de veciños demandan para garantir o mellor funcionamento asociativo e as melloras necesarias para o desenvolvemento óptimo na comunidade autónoma, o que repercute de xeito directo na cidadanía galega.

También te podría gustar...