Pellets Os Blancos

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde de Os Blancos, José Manuel Castro, visitou onte a tarde as obras de construción da futura fábrica de pellets, unha nova división da empresa Insunor,  que se prevé comece a funcionar no verán e que suporá a creación de dez postos de traballo.  O orzamento deste proxecto cífrase en case 500.000 euros, dos que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento rural, achega o 45 por cento, é dicir, máis de 223.000 euros.

Rogelio Martínez salientou que a implantación desta industria no concello de Os Blancos, ademais de aproveitar os recursos forestais, se enmarca na Estratexia Integral de Impulso da Biomasa que está a desenvolver o Goberno galego e que está a xerar unha nova industria en Galicia que “permite fixar emprego no rural  ao tempo que mellora a prevención de incendios”.

Pellets