IMG-20150612-WA0013

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, presenciou esta tarde o Tramo Espectáculo do Rally de Ourense-Ourense Termal que tivo lugar na Cidade do Transporte do polígono industrial de San Cibrao das Viñas. A lonxitude do percorrido deseñado para a realización deste tramo é de case dous quilómetros sobre asfalto. Esta proba automobilística, puntuable para o Campionato de España de rallys de asfalto, desenvólvese durante dous días nas estradas da provincia ourensá  e celebra este ano a súa 48 edición.