Riada Cidadá pide nun comunicado ‘As contas claras’ e propone a creación dun Observatorio Cidadán

 

Riada Cidadá pide nun comunicado ‘As contas claras’ e propone a creación dun Observatorio Cidadán:

O Concello do Barco e o diñeiro que este xestiona pertencen a xente. Con todo, no sabemos exactamente cantos cartos se manexan, en que se inverten as diferentes partidas, así como a natureza e alcance dos contratos. A opacidade e aexcesiva burocratización da corporación municipal dificulta o acceso a información e impide a participación real e decisoria da cidadanía.

Por iso, en Riada Cidadá propoñemos a creación dun Observatorio Cidadán, unha ferramenta independente que obrigue a dar total transparencia as contas e supervise as decisions do Concello, ó marxen do partido que goberne.

Este Observatorio Cidadán encargaríase de auditar as contas de forma retroactiva, exercer un control da xestión municipal e informar aos cidadáns dos seus dereitos en materia de transparencia. Asemesmo, en Riada Cidadá cremos que todos os partidos políticos con representación no Concello deben publicar as súas contas.

Esta estrutura facilitará e optimizará a realización de consultas vinculantes para a elaboración participativa de orzamentos, con a posterior publicación de todas as contas e os contratos. En Riada Cidadá queremos un concello da xente e para a xente.