Riada Cidadá emite un comunicado de agradecemento aos veciños

RC_260515 GRAZAS

 

Riada Cidadá emite un comunicado de agradecemento aos veciños.

En primeiro lugar queremos darlle as grazas as 563 veciñas e veciños que depositaron a súa confianza en nós, que non dubiden que van a estar ben representados.

O noso obxectivo principal está cumprido. Parecía imposible, con soamente 3 meses de vida e sen recursos, pero entramos no concello. Imos a ser a voz da xente, imos a levar as súas inquedanzas ante o pleno. O modo de utilizarnos como ferramenta de participación vai a ser moi diverso, asembleas, reunións veciñais, redes sociais, etc. Si as veciñas e os veciños participan a súa voz será escoitada, imos a ter os ollos ben abertos pois somos os seus ollos, informaremos de forma periódica da actividade municipal, abriremos as portas do concello e entrará aire fresco.

O outro gran obxectivo non se cumpriu aínda. Temos o mellor programa e o equipo máis preparado para desenvolvelo e imos poñer todo o noso empeño en convencer ós outros partidos de desenvolver as nosas medidas. Porque son necesarias, nalgúns casos urxentes. Nestes momentos, os concellos e tódalas institucións teñen que se por de modo claro á carón dos máis vulnerables.

Non nos esquecemos de manifestarlle ao PsdeG-PSOE os nosos parabéns polos resultados obtidos que lexitiman a súa xestión durante catro anos máis. Por outra banda lamentamos a baixa participación. Hai que ter en conta que os partidos maioritarios perderon máis de 900 votos respecto as eleccións de 2011.

Imos a traballar para incrementar a participación das veciñas e veciños na vida pública e, por suposto, en futuros procesos de sufraxio. A transparencia ten que ser absoluta para que a cidadanía volva a ver as institucións como algo serio e confiable, e ese é o noso compromiso.

A ilusión espertada é palpable, xente que non votou polo cambio por diversas razóns maniféstanos a súa ilusión e agradecémolo. O noso traballo amosará que somos o que dicimos. O noso papel é o de trazar unha ponte entre o concello e a xente, toda a xente. Representamos como ninguén a vontade popular fronte ós grupos que representan a organizacións políticas ou administracións afincadas en Madrid e Compostela. O traballo empeza agora e invitamos as veciñas e veciños do Barco a dar un paso adiante con nós, como están facendo moitos desde onte, verán que a participación co noso método é verdadeiramente decisoria. Un novo modo de facer política que sorprenderá a máis de un, porque a túa voz importa.

También te podría gustar...