Resumo da charla-coloquio sobre o infarto de miocardio convocada por Riada Cidadá

Infarto 02
Onte no Barco tivo lugar unha charla-coloquio sobre o infarto de miocardio convocada por Riada Cidadá a cargo do Doutor Ramón Ríos Vázquez, cardiólogo do Hospital Universitario de Lugo.
Nesta charla, a voceira da plataforma, Marta Díaz Rodríguez, informou das medidas que contemplan no seu programa en materia sanitaria: o impulso de unha reorganización dos recursos na provincia de Ourense, cunha maior dotación de servicios no Hospital do Barco para evitar desprazamentos de pacientes a Ourense e a reorganización da atención ao infarto de miocardio para que sexa máis eficaz.
O Doutor Ríos, na súa intervención, explicou como a patoloxía cardíaca é a primeira causa de padecemento e morte no noso medio. A prevención é o principal campo de mellora; cun control adecuado da tensión arterial, colesterol, tabaquismo, sedentarismo e obesidade, poderianse evitar o 90% dos infartos.
Infarto 01
Por outra banda ensinou a coñecer os signos de sospeita de que se está a sufrir un infarto e como ten que actuar o paciente. Expuxo que ante un infarto de miocardio é primordial abrir a arteria coronaria ocluida o antes posible e cal é a resposta que ofrece hoxe en día o SERGAS.
Na área de Valdeorras hai un índice moi alto de pacientes que non se benefician das terapias para abrir a arteria ou o fan demasiado tarde. Nese sentido explicou como unha reorganización dos recursos podería salvar vidas e evitar discapacidades. A súa proposta a día de hoxe é que se debe tratar aos pacientes con un fibrinolítico, un medicamento intravenoso para desfacer o coágulo e enviar ao paciente inmediatamente a un hospital con capacidade de facer cateterismo 24 horas ao día. Pero hai pacientes nos cales este medicamento está contraindicado e de modo xeral é máis seguro e eficaz facer o cateterismo emerxente a tódolos pacientes.
Por iso manifestou o seu desexo de que o Hospital de Lugo faga cateterismos 24 horas e se poida entón reordenar a atención, enviando os pacientes da nosa área a facer ese tratamento a Lugo con menos de 2 horas de retraso. Tras a presentación desenrolouse un coloquio moi animado no que os asistentes expresaron o seu estupor ante o feito de que as administracións municipais e autonómica acepten como inevitable unha maior mortalidade por infarto no oriente da provincia cando hai medidas como as que propón Riada Cidadá que evitarían a morte dos nosos veciños.
Infarto 03

También te podría gustar...