Rehabilitarase a Ponte da Portela en Vilamartín de Valdeorras

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinará convenios de colaboración con alcaldes da provincias de Ourense e Pontevedra para a reparación de cinco pontes históricas nestas provincias. Na sala de xuntas da área de Cultura.

Ademáis da reforma que vai ter a ponte de Entoma, en Vilamartín de Valdeorras a Consellería procederá a rehabilitar a Ponte da Portela, á que se destinarán 20.300 euros.

O obxecto destas obras é repoñer as partes desaparecidas da ponte que poden afectar á súa seguridade de uso, mellorar as condicións de acceso viario, roza, limpeza, desmonte, rasanteo e perfilado do terreo afectado.

Tamén se construirá unha protección para o estribo cun muro de escolleira; eliminación de vexetación e brións nas xuntas da pedra; reconstrución dos peitorís e formación da capa de rodadura final. Neste caso o Concello encargouse da redacción do proxecto destas.

También te podría gustar...