Reforma e actualización do apoio educativo domiciliario co fin de axeitalo ás necesidades actuais dos nenos e nenas que o precisen

O Goberno galego reformará e actualizará o apoio educativo domiciliario co fin de axeitalo ás necesidades actuais dos nenos e nenas que o precisen.

  • O conselleiro de Cultura e Educación comprométese ademais a elaborar un protocolo para axilizar a atención educativa domiciliaria do alumnado con esta necesidade
  • Román Rodríguez dará instrucións ás Xefaturas Territoriais para que as solicitudes de apoio educativo a nenos e nenas cuxa situación médica lles impida acudir ao centro escolar se resolvan coa máxima celeridade cada ano antes do inicio do curso escolar

Depresion-adolescenteA consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ante a nova casuística aparecida nos últimos anos, considera obrigado reprantexarse o actual sistema de atención e apoio educativo domiciliario a nenos con necesidades desta índole. Os protocolos nesta materia, vixentes dende hai moitos anos e mantidos polos sucesivos gobernos, van ser analizados polas consellerías de Educación e Sanidade para abordar, coa maior das sensibilidades, as reformas que sexan precisas dende o punto de vista racional e de dispoñibilidade de recursos.

Ademais, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, comprométese á elaboración dun protocolo de atención educativa domiciliaria para aqueles nenos e nenas que, polas súas circunstancias médicas, non poidan acudir ao seu centro escolar. Así mesmo, xunto co protocolo, vanse deseñar adaptacións curriculares específicas a cada caso, tendo en conta tamén a opinión do departamento de Sanidade.

O conselleiro dará instrucións ás Xefaturas Territoriais de Educación en cada provincia para que as solicitudes de apoio educativo do alumnado que se atope nestas circunstancias se resolvan coa máxima celeridade cada ano antes do inicio do curso escolar.

É dicir, trátase de que a Consellería de Educación dispoña da información suficiente para prever este tipo de situacións (cómpre ter en conta que o número de casos pode variar cada curso e, incluso ao longo dun mesmo curso), para así deseñar unha solución axeitada en función das especificidades de cada caso do xeito máis áxil e rápido posible.

Xa que logo, o departamento de Educación da Xunta garante o apoio educativo domiciliario dos nenos e nenas que así o precisen. Nestes casos, o labor do docente consiste en facer un seguimento das tarefas que se lle encargan ao alumno/a, tendo en conta sempre, a súa situación.

También te podría gustar...