Quiroga incrementou visitantes

O concello de Quiroga incrementou  o número de visitantes con respecto ao ano pasado. A Oficina Municipal de Turismo atendeu dende principios de ano ata agora un total de 5.489 peticións de información turística ben de xeito presencial, na propia oficina, ou  ben  a través de chamadas telefónicas e solicitudes por  correo.

Un  60% do total das consultas  rexistráronse  entre o mes de abril  e  setembro, coincidindo coa Semana Santa e o verán,  períodos importantes para o turismo neste municipio xunto co outono .

En relación a procedencia dos turistas un 88% é turismo nacional  e un 12% internacional. Dentro do turismo nacional un 35% proceden da nosa Comunidade e o resto de Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-León  e  País Vasco respectivamente.

A información máis demandada polos turistas é a  relativa a rutas turísticas e de sendeirismo, seguida do Sinclinal do Courel ( Pregamento de Campodola-Leixazós) e do Túnel Romano de Montefurado.

Foto: Yury Del fotoblog sobre Montefurado "En busca del Oro" http://creandotuprovincia.es/blogs/en-busca-del-oro/

Foto: Yury
Del fotoblog sobre Montefurado «En busca del Oro» http://creandotuprovincia.es/blogs/en-busca-del-oro/

A maiores deste rexistro, temos constancia dunha importante difusión de información turística e cultural a través de internet e redes sociais. Como exemplo salientar as 20.975 visitas que recibe  o enderezo www.rutasquiroga.blogspot.com ou as máis de cen mil que recibe o perfil municipal de Facebook.

Mención especial como recursos turísticos do Concello de Quiroga merecen  Os Museos Municipais  Etnográfico e Xeolóxico  que suman  neste momento un total de  4. 150  visitas. O Museo Etnográfico acolleu 2.171 visitantes e o Museo Xeolóxico  1.979 dende principios de ano.

También te podría gustar...