Propostas acordadas onte na Asamblea Aberta de Riada Cidadá par incluir no seu programa electoral

Asamblea riada cidadá (6)

 

Onte tivo lugar unha nova asemblea aberta de Riada Cidadá, na que se fixaron todos os puntos do programa, que seguirá aberto en todo momento ás ideas e propostas dos veciños do municipio, xa que unha das nosas premisas é a participación de forma continua por parte dos cidadáns.

Por este motivo, o programa que Riada Cidadá presentará ás Eleccións Municipais do próximo 24 de maio non é un programa ao uso da vella política, senón unha folla de ruta que terá moi en conta as necesidades dos cidadáns de O Barco. Non se prometen grandes obras nin queren pomposas inauguracions para gañar votos. Queren que os cidadáns opinen e decidan como queren que sexa o seu municipio.

Con todo, Riada Cidadá ten propostas e ideas moi concretas para facer de O Barco un lugar máis habitable e máis sostenible. Adiantámosvos algunhas delas:

1. Supresión da taxa do auga. Disolución do Consorcio de Augas de Valdeorras. Queremos que todos os servizos privatizados volvan ser gestionados polo Concello. Os excelentes ingresos que obteñen empresas privadas procedentes do auga, o lixo e a ORA deben volver ás arcas municipais para investir ese diñeiro na redución de impostos e o benestar dos cidadáns.

2. Auditoría para aclarar a situación financeira do Concello. Exhaustivo análise da débeda do Concello para acabar cos intereses cobrados polos bancos.

3. Facilitar, fomentar e asegurar o acceso ás novas tecnoloxías de todos os cidadáns, base dunha sociedade participativa, mediante ainstalación dunha rede WI-FI de ámbito municipal.

4. Os cidadáns serán os que decidan onde e como se fan as obras que acometa o Concello mediante consultas populares vinculantes.Propoñemos facer un completo estudo para confeccionar un plan urbanístico do municipio de futuro e a longo prazo, consensuado cos veciños e o resto de formacións políticas.

Estas son algunhas das súas propostas. Nas próximas semanas irán desvelando todos os puntos do seu programa.