Programa Cultural da Cidade da Cultura 2016: participarán 120.000 persoas

Aposta polo emprendemento Un centenar de universidades de España, Portugal e America Latina participarán do 29 de setembro ao 1 de outubro no Spin’16, o maior evento de emprendemento universitario de Iberoamerica. Con máis de 100.000 euros en premios, o Spin reunirá a 2.000 persoas procedentes de 20 países diferentes e consolidará o Centro de Emprendemento do Gaiás como un dos espazos máis activos do norte de España na difusión da cultura emprendedora.

O Spin será a principal actividade dun programa destinado a favorecer o emprendemento no que se estima que participarán 6.000 persoas, que traerá de novo ao Gaiás eventos como as charlas TEDxGalicia, os Premios Gaiás Sixto Secto, as Xornadas Crea – Ti Podes Emprender!, o Curso de Creación de Empresas e o Servizo de Titorización de Empresas.

As actividades deste programa contan co patrocinio do Fondo Gaiás da Empresa Galega, integrado polas empresas que formaban parte da Fundación Gaiás, e que co seu compromiso están facendo posible que a Cidade da Cultura sega ser un espazo de referencia no eido cultural e do emprendemento.

También te podría gustar...