turexpo2

Hoxe mércores os ventos de compoñente norte continuarán achegando aire frío sobre Galicia. Os ceos alternarán nubes e claros con chuvascos máis frecuentes e intensos na metade norte, onde poden vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico, e máis ocasionais canto máis ao sur.
A cota de neve comezará arredor dos 400 metros nas primeiras horas, ascendendo ata os 600 metros pola noite. As temperaturas mínimas descenderon moderadamente, con xeadas en localidades do interior, as máximas descenderán de xeito lixeiro. Os ventos soprarán moderados de compoñente norte, con intervalos fortes no litoral e zonas altas.