Preto de 28 hectáreas afectadas no incendio forestal xa extinguido de Candeda, Carballeda de Valdeorras

  • Extinguido o incendio forestal rexistrado de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda
  • Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 27 hectáreas rasas e 0,87 arboradas

 

El fuego comenzó a las 17,00 horas y sigue activo

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado en Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda.

O lume comezou ás 19:25 horas do domingo e quedou extinguido ás 20:05 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 27 hectáreas rasas e 0,87 arboradas. No operativo de extinción traballaron 7 axentes, 24 brigadas, 2 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

También te podría gustar...