Presentación da VII Mostra de Teatro Amador do Carballiño

Deputación Ourense

 

Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar hoxe mércores, 29 de outubro, ás 11.30 horas, o acto de presentación da VII Mostra de Teatro Amador do Carballiño. O acto contará coa presenza do asesor de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández; o concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño, Rodrigo González, e o responsable da mostra, José Prada Martínez.