PDV_HCV

Dende Podemos Valdeorras denunciamos o lento e permanente desmantelamento e privatización dos servizos do HCV. Non podemos permitir que os valdeorreses teñamos que desprazarnos a Ourense para recibir asistencia. A política sanitaria do PP consiste en desmantelar o HCV e centralizar os servizos en Ourense.
É necesario que dende a cidadanía plantemoslle cara.
É necesario recuperar e potenciar a Plataforma de Defensa da Sanidade Pública de Valdeorras.
É necesario que pidamos responsabilidades para que a nosa Comarca manteña unha calidade sanitaria comparable ós standares do resto de Galicia.
É necesario que prime a saúde por riba dos intereses económicos.
Neste embite xogamonos a saúde.
Apoiamos a Concentración desta tarde ás 20.30h frente ao HCV en defensa do servizo de fisioterapia e da nosa área sanitaria.