Plan de actuacións específicas Covid-19: A Policía Autonómica 40 inspeccións en 4 concellos da provincia de Ourense

  • A Policía Autonómica realizou 44 identificacións esta fin de semana en 4 concellos da provincia de Ourense nos controis de medidas ante a Covid-19
  • Leváronse a cabo 40 inspeccións, que se enmarcan no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19, no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

 

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante esta fin de semana, dende día 18 ata o día 20 de decembro, 33 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 40 inspeccións en 4 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 44 identificacións e a tramitación de 6 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 18 ao 20 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 33 dispositivos nos municipios de Ourense, Sandiás, Sarreaus e Xinzo de Limia

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 43 concellos, nos que que se rexistraron 126 operativos cun total de 250 inspeccións, con máis de 226 persoas identificadas e 65 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.