Os romanos toman o Concello de Quiroga

RomaOs romanos toman o Concello de Quiroga, concretamente duas localidades do municipio, Montefurado e Margaride.

Todo o fin se semán os romanos estarán presentes nestas duas festas do municipio que xa son tradicionais nesta época do verán.

A festa en Montefurado chega á sua terceira edición. Desde hoxe pola tarde poderase ver as ambientacións polas ruas da localidade e chagando ás sete, celebrarase unha charla cultural sobre o paso dos romanos por esta localidade. Mais o punto alxido hoxe desta festa, ven da man da cena romana que vaise celebrar na que poderemos ver tamén unha recreación de loita entre gladiadores da man da Asociación Caetra Lucensium. Mañán domingo os nenos serán os protagoinstas con xogos e actividades.

E si coidábamos que era pouca a xuntanza romana, en Margaride tamén temos festa romana, máis veterana que a celebrada en Montefurado xa que neste ano chega á sua cuarta edición. Será para mañán domingo con actividades de todo tipo e para todalas edades, iso sí, con vinculo romano común a todas.

 

También te podría gustar...