Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de Turismo de Galicia pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dos Premios Camiño de Santiago e se procede a súa convocatoria para este ano 2015.

Trátase dun recoñecemento institucional e social ás iniciativas públicas e privadas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como aquelas outras que supoñan novos servizos ou a innovación e mellora daqueles que se prestan aos peregrinos e as accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, difusión e a posta en valor do Camiño de Santiago e da cultura xacobea.

Os principais obxectivos destes premios son avanzar na mellora do Camiño de Santiago especialmente en relación cos seus itinerarios e contornos ambientais, paisaxísticos e arquitectónicos e a súa protección xeral e posta en valor; aumentar a sensibilidade cidadá en relación coa relevancia dos valores do Camiño de Santiago, estimular o coñecemento do patrimonio xeral do Camiño e fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas Administracións públicas.

Os premios do Camiño de Santiago constarán de catro categorías:

– 1ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e as áreas metropolitanas, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.

– 2ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións desenvolvidas polas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

– 3ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades desenvolvidas por as pequenas e medianas empresas –pemes-.

– 4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativo, con dúas modalidades: traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación ou cultura xacobea, ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago e traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo nos centros de ensinanza de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Premios de ata 15 mil euros
Nas categorías primeira, segunda e terceira establécense dous premios, un primeiro premio por importe de 15.000 euros e un segundo premio por importe de 5.000 euros.

Pola súa parte, para a cuarta categoría, se establece un premio de 10.000 euros para a modalidade de investigación e estudo, e outro premio para os traballos de carácter educativo de 5.000 euros.

O prazo de presentación das candidaturas será dun mes a partir de mañá, venres 10 de abril, día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.