A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, asinará os respectivos convenios de colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), e seis asociacións de usuarios de software libre de Galicia (AGUSL) para a posta en marcha de actuacións do Plan de software libre 2015. Sala de xuntas da Amtega, 2º andar do edificio CINC, Cidade da Cultura (monte Gaiás).  foto xoán crespo 13/05/15

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, asinará os respectivos convenios de colaboración co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), e seis asociacións de usuarios de software libre de Galicia (AGUSL) para a posta en marcha de actuacións do Plan de software libre 2015. 
foto xoán crespo

 

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinou esta mañá os convenios de colaboración cos axentes galegos do Software Libre galego, aos que trasladou as liñas de acción do Plan de Software Libre 2015, no que participan con 26 das 95 actividades previstas

Un ano máis a Amtega colaborará co Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas; coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); e coas seis Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL) para impulsar a promoción e fomento do uso de software libre entre a cidadanía. As AGUSL que participan nesta iniciativa son GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa, Asociación Cultural Proxecto Trasno e XeoPesca.

Os acordos asinados hoxe, cunha dotación conxunta de 120.000 euros, permitirán a realización de actuacións que inclúen dende a elaboración de documentación, a tradución de Software Libre, a organización de xornadas, cursos, obradoiros e do congreso internacional Akademy 2015 (conferencia internacional da comunidade de KDE ), o fomento do software libre en proxectos de cooperación ou solidariedade social, a implantación e formación en Software Libre nas Universidades ou a convocatoria da 8ª edición do Premio ao mellor traballo universitario de fin de grado con Software Libre

A estes acordos súmanse os asinados recentemente pola a Amtega e os colexios profesionais de Enxeñaría Informática e Enxeñaría Técnica Informática (CPEIG e CPETIG) que tamén incorporan accións en prol do fomento do Software Libre.