Operativo contra o furtivismo sáldase coa identificación de 33 persoas e co comiso de 79 quilos de marisco e de 23 aparellos

Un operativo contra o furtivismo sáldase coa identificación de 33 persoas e co comiso de 79 quilos de marisco e de 23 aparellos Foto: Xunta

Un operativo contra o furtivismo sáldase coa identificación de 33 persoas e co comiso de 79 quilos de marisco e de 23 aparellos Foto: Xunta

Axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración con axentes da Policía Autonómica realizaron onte un operativo nas rías do Burgo, na Coruña, e na de Arousa.

Esta actuación saldouse coa identificación de 33 persoas e co comiso de 78,7 quilos de mestura de berberecho e ameixa e de 23 aparellos. Os aparellos e o molusco foron requisados polos axentes na ría do Burgo, na zona da Pasaxe, na que identificaron a 16 persoas. En concreto os obxectos requisados polos axentes nesta zona son unha embarcación de madeira sen nome e sen folio, 5 raños, 6 pranchas de poliespán, 6 corchos, 3 capachos e 2 redes.

Por outra banda, no marco da mesma operación, os axentes de Gardacostas e da Policía Autonómica identificaron na ría de Arousa, nas zonas de Barraña e Mañóns en Boiro, a 17 persoas mariscando de xeito ilegal. Estas persoas lanzaron ao mar o marisco que extraeron e os útiles que estaban a empregar.

También te podría gustar...