O Servizo Galego de Saúde informa ás organizacións sindicais da reordenación asistencial de actividade no período estival

SERGASO Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde en San Lázaro acolleu, onte pola mañá, unha nova reunión da Mesa Sectorial de Sanidade, que estivo presidida pola directora de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado Vaamonde, e á que estaban convocados os representantes de CIG, CESM-OMEGA, CC.OO, UGT, CSI.F e SATSE.

Entre outros temas a Administración sanitaria galega informou da reordenación da actividade asistencial no período estival nos centros sanitarios do Sergas. Os responsables da Dirección Xeral de Recursos Humanos e de Asistencia Sanitaria do Sergas informaron que, na actualidade, todos os aspirantes incluídos nas listas de contratación de médico de familia, pediatra de atención primaria e médicos de urxencias hospitalarias van ser contratados no período estival.

Tamén informou do cronograma dos procesos de selección e provisión (convocatoria da oferta pública de emprego 2014-2015).

No que atinxe a este asunto, se fixaron as datas para continuar coas comisións de especialidades de enfermería, investigadores e negociación do novo pacto.

Así mesmo, abordouse coas organizacións sindicais as bases dos itinerarios profesionais de diferentes categorías profesionais, así como a integración de determinadas unidades de Galaria, cirurxía cardiaca e cardioloxía intervencionista.

También te podría gustar...