O Sergas presenta unha ferramenta propia para a telemonitorización e integración de coidados incorporada na Historia Clínica Electrónica

SERGASA Consellería de Sanidade acolleu esta semana a primeira xornada de traballo de Fogar Dixital, onde profesionais do ámbito asistencial e das TIC reuníronse para abordar os progresos en telemonitorización e integración de coidados e onde se avanzou que o Sergas ten lista para a súa activación unha ferramenta propia integrada na Historia Clínica Electrónica. A nova versión da Historia Clínica Electrónica empezará a funcionar nos próximos días na EOXI da Coruña e proximamente estenderase á de Lugo.

Esta nova versión posibilita, por unha banda, que os profesionais prescriban a monitorización dos pacientes no seu domicilio. Ademais, permite incorporar os datos de telemonitorización que os pacientes ou os seus coidadores introduzan no sistema, no eido do proxecto Fogar Dixital. Estes datos, que pasan a formar parte da Historia Clínica Electrónica, estarán dispoñibles para todos os profesionais sanitarios.

No marco de Fogar Dixital e do proxecto United4health, o Sergas xa leva a cabo un programa de telemonitorización en 500 pacientes de Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica (EPOC) despois da alta hospitalaria, no que participan todos os servizos de Neumoloxía da comunidade, se ben faise nun contorno onde a ferramenta de teleseguimento non estaba integrada na Historia Clínica Electrónica. Os pacientes de EPOC pasarán agora a monitorizarse coa nova ferramenta.

Tras esta proba que agora se inclúe, este programa de monitorización no domicilio se extenderá aos doentes de Insuficiencia Cardíaca, para a que se desenvolveu un proceso asistencial integrado específico e que contempla o seguimento de pacientes durante curtos períodos de tempo tras o alta hospitalaria. Ademais, tamén desenvolverase o teleseguimento en pacientes de diabetes, nun proceso conxunto de seguimento tanto desde atención primaria como de atención hospitalaria, de acordo ao establecido no proceso asistencial integrado para o manexo da diabetes.