O Sergas destina máis de 4 millóns de euros para equipamento electromédico destinado a diversos centros hospitalarios, entre eles o HCV

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de onte a licitación de subministro de equipamento electromédico con destino a diversos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde. Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea nun 80%, no marco do programa operativo FEDER Galicia.

En concreto, o importe global ascende a 4.294.802,45 € e o seu subministro e posta en servizo está prevista para o último trimestre deste ano. Os equipos desta licitación, distribuídos nun total de 14 lotes, irán destinados aos centros hospitalarios das diferentes xerencias de xestión integrada do Sergas de A Coruña; de Santiago; de Ferrol; de Lugo, Cervo e Monforte; de Ourense, Verín e O Barco; e de Pontevedra e O Salnés. En canto á EOXI de VIGO, neste momento está introducindo o seu novo equipamiento e renovación tecnolóxica a través do equipamento do Hospital Álvaro Cunqueiro.

A licitación deste equipamento permitirá a renovación dunha serie de equipos de alto valor tecnolóxico, así como a incorporación de novas tecnoloxías que melloren a calidade de imaxe médica e do tratamento dos datos xerados a través de tecnoloxía dixital. É dicir, poderase dispoñer de toda a información que se requira sobre o paciente dende calquera punto de asistencia da rede do Sergas, evitando a repetición de probas innecesarias, reducindo tempos de intervención e de espera de resultados, optimizando os recursos e aumentando a seguridade do paciente.

Descripción do equipamento
Entre os equipos licitados, destaca unha serie destinados ao diagnóstico ecográfico en distintos campos médicos como a xinecoloxía, cardioloxía, cirurxía vascular e radiodiagnóstico. Estes equipos incorporan tecnoloxía dixital e novas aplicacións médicas como a elastografía e o tratamento de imaxes con contraste, que supoñen unha importante mellora da calidade da imaxe, permitindo diagnósticos mais precisos e seguros, e evitando nalgúns casos a utilización doutras probas con técnicas invasivas para o paciente.

Tamén se inclúen equipos de tomografía de coherencia óptica, con adquisición de imaxe médica en 3D, que incorporan novas ferramentas para o diagnóstico e seguemento de patoloxías oculares.

Dentro da área cirúrxica realízase unha forte inversión destinada a introducir novas torres de endoscopia cirúrxica que permiten realizar novas técnicas de adquisición e grabación de imagen digital en 3D, permitiendo el aumento das capacidades técnicas cirúrxicas mínimamente invasivas.

Tamén se inclúen 13 novos equipos de anestesia que permiten a actualización tecnolóxica con equipos que posibilitan maior control e seguridade no proceso de anestesia, así como maior precisión no subministro de gases anestésicos que redundan na seguridade do paciente.

A licitación que hoxe publica o DOG tamén incorpora seis novos microscopios cirúrxicos destinados a varias especialidades como neurocirurxía, ORL, oftalmoloxía e cirurxía plástica. Permitirán actualizar a tecnoloxías aos últimos avances dispoñibles, mellorando as prestacións e a seguridade para o paciente.

En canto aos novos sistemas radiocirúrxicos, destinados ao guiado radiolóxico dos procedementos cirúrxicos, incorporan novos sistemas de redución de doses a pacientes e traballadores expostos.

Ademáis, incorpóranse dúas novas incubadoras de transporte de pacientes neonatos, que supón unha mellora sustancial nas condicións de transporte entre centros hospitalarios para neonatos; tamén se dota de seis novas cunas térmicas.