O Primeiro Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo converterá de novo a Compostela na capital do turismo mundial

A directora de Turismo de Galicia e o xerente do Xacobeo presentaron esta mañá o Primeiro Congreso sobre Peregrinacións e Turismo Autor: Ana Varela. Foto Xunta

A directora de Turismo de Galicia e o xerente do Xacobeo presentaron esta mañá o Primeiro Congreso sobre Peregrinacións e Turismo. Autor: Ana Varela. Foto Xunta

A directora de Turismo de Galicia e o xerente do Xacobeo presentaron esta mañá o Primeiro Congreso sobre Peregrinacións e Turismo que terá lugar os próximos 17,18,19 e 20 de setembro.

Trátase da cita máis importante realizada ata o momento neste ámbito e, concretamente, Santiago de Compostela, un dos centros históricos de peregrinación cristiá, é a cidade elixida, o que representa unha oportunidade única para toda a Comunidade. “É a primeira vez que vaise celebrar un congreso sobre o fenómeno da peregrinación e a súa relación co turismo avalado pola OMT e temos a gran sorte de que sexa en Galicia”, sinalou a directora de Turismo de Galicia.

Coa organización deste congreso, que é posible grazas a colaboración de Turismo de Galicia, a Organización Mundial do Turismo e a Secretaría de Estado de Turismo, os establecementos turísticos de Galicia e as súas cidades serán visitadas por centenares de viaxeiros de todas partes do mundo. O Congreso que se celebrará no Hostal dos Reis Católicos, conta xa con mais de 250 asistentes o que, segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, é unha boa testemuña do interese xeneralizado desta convocatoria a nivel mundial que converterá a Santiago de Compostela de novo na capital mundial do turismo e a Galicia nun dos principais epicentros turísticos a nivel internacional.

También te podría gustar...