O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistíu en Ribadavia á saída da proba deportiva de running extremo ‘Desafío 42’

Manuel Baltar en Desafío 42O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistíu o pasado sábado en Ribadavia á saída da proba deportiva de running extremo «Desafío 42», que se disputou pola comarca do Ribeiro entre os concellos de Ribadavia, Beade e Leiro. No acto protocolario de corte de cinta estivo acompañado polo concelleiro de Cultura e Deportes de Ribadavia, José Prieto, e polo asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

Esta proba de running extremo que tivo como escenario a provincia de Ourense entre os días 20 e 21 de setembro é unha das carreiras máis vistosas e esixentes de cantas se disputan nesta modalidade. Baixo o título de «Desafío 42», esta proba, patrocinada pola Deputación de Ourense, consistiu en tres carreiras que os atletas disputaron nas localidades de Ribadavia, Nogueira de Ramuín e Ourense cidade, percorrendo as seguintes distancias: circuíto asfalto-terra Ribadavia-Beade-Leiro-Beade-Ribadavia, de 21 km; circuíto asfalto-terra de Nogueira de Ramuín, de 11 km, e o circuíto asfalto-terra de Ourense cidade, de 10 km de percorrido.

También te podría gustar...