A Corporación provincial aprobou tamén o Himno oficial da provincial de Ourense

 

O pleno da Corporación Provincial aprobou hoxe inicialmente o orzamento xeral da Deputación de Ourense para 2015, un orzamento que novamente experimenta unha subida con respecto do ano anterior (un 2,65 %), pasando de 73.700.000 euros a 75.707.000 euros, e contempla a porcentaxe máis alta de investimento na historia da Deputación de Ourense, destinándose a inversión máis de 17,1 millóns de euros, incrementándose un 30,7 % a dotación en investimentos. Neste senso, adoptouse o seguinte acordo:

1º.- Aproba-lo orzamento xeral da Deputación provincial de Ourense para o ano 2015.

2º.- Aprobar as Bases de Execución do Orzamento Xeral, segundo figuran no expediente.

3º.- Aprobar os cadros de persoal, que se dividen en persoal funcionario, laboral e eventual, de acordo co art.126 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986.

4º.- De acordo co art. 169 da LRFL, o orzamento xeral será exposto ó público, previo anuncio no boletín oficial da provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

Por outra banda, o pleno da Corporación provincial aprobou tamén o Himno oficial da provincia de Ourense en base ao seguinte acordo: declarar a obra de Manuel de Dios “Ourense no Solpor” como himno oficial da provincia de Ourense, e ordenar a publicación deste acordo no BOP, para público e xeral coñecemento.