O pleno da Deputación aproba o Plan de cooperación ás obras e servizos do Concello de Ourense

Acondicionamento e renovación do firme na Praza Eiroas e rúa do Pazo 126.681,85 €

Rede de abastecemento A Besada-Santa Mariña 128.063,12 €

Humanización na rúa Concejo 766.124,39 €

Humanización na Canella do Barbaña-Pozo do Inferno 234.700,19 €

Instalación eléctrica de BT para videovixiancia no Polig empresarial de Seixalbo 105.018,50 €

Rehabilitación de firme e adecuación de accesibilidade da rúa do Mercado 101.742,56 €

Someter o plan a información pública por prazo de dez (10) días hábiles mediante anuncio no BOP. De formularse alegacións, serán resoltas polo Pleno. Se non se formulan alegacións o Plan considerarase definitivamente aprobado, publicándose integramente no BOP.

MODIFICACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2015, RELATIVA Á OBRA MUNICIPAL N.º 46/POS/2015 DO CONCELLO DE LOBIOS

Acordo:

Acordar a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2015 no relativo ó concello de Lobios, incorporando ó plan principal –en substitución da obra n.º 46/POS/2015 denominada «Reparación de levadas e construción de muro e beirarrúas no Concello de Lobios»- a obra denominada «Mellora no depósito de abastecemento de Os Baños (Riocaldo), construción de local anexo para almacén de equipamento deportivo, construción de muro e beirarrúas no Concello de Lobios» cun orzamento total de execución de 50.000,00 €.

APROBACIÓN DA MOCIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO PARA A INCLUSIÓN DOS MUNICIPIOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES NOS PLANS FEDER PARA O PERIODO 2014-2020

Acordo:

Instar ao Goberno Central para que inclúa ás Deputacións e núcleos urbanos menores de 20.000 habitantes como beneficiarios destes fondos europeos no período 2014-2020.

Solicitar á Comunidade Europea a presenza das Deputacións e dos municipios rurais en programas de Desenvolvemento Urbano Sustentable, sen límite de poboación, creando unidades funcionais susceptibles de ser recoñecidas a efectos de financiamento.

Instar ao Estado, á FEMP e á FEGAMP dende esta Deputación provincial de Ourense, para que tomen as medidas precisas para lograr o recoñecemento das zonas rurais no contexto do Desenvolvemento Urbano Sustentable cofinanciado polos fondos FEDER para o período 2014-2020.

Dar conta destes acordos ao Goberno Central, á FEMP e á FEGAMP.

APROBACIÓN DA MOCIÓN RELATIVA Á REDUCCIÓN DO NÚMERO DE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL EN OURENSE PREVISTA NAS BASES REGULADORAS DO NOVO PROGRAMA LEADER 2014-2020

Acordo:

O Pleno da deputación insta ao Goberno Galego a revisar a proposta de bases reguladoras do novo programa Leader 2014-2020 elaborado por AGADER e que concretamente na provincia de Ourense manteña o número de grupos actuais permitindo a elaboración dunha política de desenvolvemento rural baseada na realidade local, que permita unha verdadeira participación dos axentes sociais do territorio e que teña efectos positivos na dinamización económica, social e demográfica así como a optimización das dinámicas iniciadas no anterior período e dos medios materiais existentes nos diferentes grupos.

APROBACIÓN DA MOCIÓN RELATIVA Á INSTALACIÓN DUNHA PISTA DE ATLETISMO EN EXPOURENSE

Acordo:

Que a Deputación, a través dos seus representantes no Padroado de Expourense, apoien que a pista indoor que a Federación Galega de Atletismo e a Xunta de Galicia pretenden situar e instalar en Galicia sexa situada en Expourense.

APROBACIÓN DA MOCIÓN RELATIVA A LUMES FORESTAIS

Acordo:

Esixir á Consellería de Medio Rural e á Xunta de Galicia que activen unha política de prevención e extinción de incendios forestais que contemple as particularidades da provincia de Ourense dende a súa planificación ata a súa posta en marcha.

Instar á Xunta de Galicia e, especificamente, á Consellería de Medio Rural a que poña en marcha a xestión integrada de forma pública do servizo de prevención e extinción de lumes forestais na provincia de Ourense.

Esixir á Xunta de Galicia a que desenvolva unha política de valoración da masa forestal existente na provincia de Ourense mediante políticas activas de emprego forestal e que dote orzamentariamente este desenvolvemento.

ADHESIÓN Á MARCHA ESTATAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

APROBACIÓN RELATIVA Á SITUACIÓN DE EMERXENCIA QUE SE ESTÁ A VIVIR NOS CAMPAMENTOS SAHARAUIS

Acordo:

Aprobar unha axuda de emerxencia para a provisión de tendas, mantas e enseres básicos destinados á poboación saharaui refuxiada nos campamentos que se atopa á intemperie, que se canalizará a través da media lúa vermella Saharaui Nº Conta (A Banca) ES51 2080 5409 11 3040113236. A Media Lúa Vermella Saharaui, organismo que fixo o chamamento internacional e que ten presenza continua nos campamentos, será a responsable da xestión dos fondos e a adquisición e distribución das tendas atendendo a criterios de necesidade de atención e urxencia. A poboación beneficiaria serán unidades familiares que perderon as súas casas por causa das inundacións.

También te podría gustar...