O pleno da Deputación aproba a modificación do convenio co COB para o uso do Pazo dos Deportes “Paco Paz”

Pleno xullo 2015

 

A Corporación provincial aprobou hoxe na sesión extraordinaria do Pleno da Deputación de Ourense correspondente ao mes de xullo a modificación do convenio co Club Ourense Baloncesto (COB) para o uso do Pazo dos Deportes “Paco Paz”, acordo que amplía cincuenta anos a utilización destas instalacións deportivas, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2070. No momento actual, no que o Club Ourense Baloncesto, tras acadar o ascenso á Liga ACB por méritos deportivos, ten reclamado ante o Consello Superior de Deportes a súa admisión nesa competición, os responsables do dito club solicitaron á Deputación a ampliación da duración do dito convenio por un prazo adicional de cincuenta anos.

Outro dos acordos da corporación provincial foi o de destinar 434.000 euros ao programa Educou, que desenvolverán conxuntamente Deputación e Xunta de Galicia, para obras de reparación e acondicionamento en centros educativos da provincia.

Tamén se aprobou un préstamo participativo para Meisa, por importe de 324.158 euros, para contribuír a impulsar o proxecto da estación de montaña de Cabeza de Manzaneda. A Deputación de Ourense incorporouse a Meisa co 28% das accións, volvendo ao accionariado e dando cumprimento a un acordo plenario unánime, trala iniciativa do presidente do goberno provincial presentada no Debate sobre o Estado da Provincia. Desta maneira, o ente provincial é o segundo accionista da empresa por detrás da Xunta de Galicia, co obxectivo de que se visualice unha aposta por vertebrar o territorio nunha zona que precisa de especial apoio para o seu desenvolvemento como é a contorna de Manzaneda, Trives e Chandrexa de Queixa.

Acordos do pleno

CONSTITUCIÓN DOS GRUPOS POLÍTICOS DA CORPORACIÓN PROVINCIAL E DESIGNACIÓN DE PORTAVOCES

De conformidade co disposto nos artigos 23 ó 29 do ROF, dáse conta da constitución dos grupos políticos desta Deputación e designación de portavoces, co seguinte detalle:

GRUPO POPULAR: integrado por catorce (14) deputados do Partido Popular, que designan portavoz a don Plácido Álvarez Dobaño, e como suplentes a don Manuel Doval Soto e don Pablo Pérez Pérez.

GRUPO SOCIALISTA: integrado por oito (8) deputados do PSdeG.-PSOE, que designan como portavoz a don José Ignacio Gómez Pérez.

GRUPO DE DEMOCRACIA ORENSANA: integrado por dous (2) deputados de Democracia Orensana, que designan portavoz a D. Gonzalo Pérez Jácome e como suplente a D. Armando Ojea Bouzo.

GRUPO DO BNG: integrado por un (1) deputado, que designa portavoz a D. Ramiro Rodríguez Suárez.

 

RÉXIME DE SESIÓNS DO PLENO

Acordo:

As sesións ordinarias do Pleno desta Corporación teñan lugar, en primeira convocatoria, o último venres de cada mes, ás 10:00 horas, no Pazo Provincial. Se coincide en festivo ou a sesión non tivese lugar por calquera outra causa, a supletoria tería lugar o luns seguinte, ou primeiro día hábil posterior, -se este fose inhábil-, á mesma hora. O Pleno poderá modificar a data das sesións ordinarias, tralo informe da xunta de portavoces.

 

RÉXIME DE SESIÓNS DA XUNTA DE GOBERNO

Acordo:

–          Establecer que as sesións ordinarias da Xunta de Goberno se realicen con periodicidade semanal.

Corresponderalle á Presidencia fixar, mediante decreto, o día e hora en que deban realizarse as sesións ordinarias.

 

DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA PRESIDENCIA RELATIVAS A NOMEAMENTOS DE MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO, NOMEAMENTO DE VICEPRESIDENTES, DELEGACIÓNS NA XUNTA DE GOBERNO E DELEGACIÓNS EN DEPUTADOS PROVINCIAIS.

 

De conformidade co que dispoñen os artigos 35.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, 72 e concordantes do ROF, DISPOÑO:

Designar aos membros da Xunta de Goberno desta Deputación, na seguinte forma:

  1. Rosendo Luís Fernández Fernández
  2. Jorge Pumar Tesouro

D.ª Montserrat Lama Novoa

  1. Pablo Pérez Pérez

D.ª Ana María Villarino Pardo

  1. Plácido Álvarez Dobaño
  2. Manuel Doval Soto
  3. Juan Anta Rodríguez

 

De conformidade coas atribucións que me confiren os artigos 35.4 da Lei 7/1985,  do 2 de abril, e 66 ó 68 do ROF, DISPOÑO:

Designar vicepresidente primeiro desta Deputación ao deputado, membro da Xunta de Goberno, don Rosendo Luís Fernández Fernández

Designar vicepresidente segundo desta Deputación ao deputado, membro da Xunta de Goberno, don Jorge Pumar Tesouro.

O cargo de vicepresidente primeiro será desempeñado en réxime de dedicación exclusiva, de conformidade co establecido na base 67ª, apartado d) das bases de execución do vixente orzamento.

Os vicepresidentes  substituirán ao presidente nos casos de ausencia e demais previstos na lexislación vixente, pola súa orde de nomeamento.

Os presentes nomeamentos producirán efectos desde o día da data, sen prexuízo da súa publicación no BOP e na sede electrónica da Deputación Provincial.

 

De conformidade coas atribucións que me confire a lexislación vixente, DISPOÑO:

–          Delegar nos deputados que se mencionan (integrantes do grupo de goberno), as seguintes áreas de responsabilidade, que se transcriben a continuación:

1º.- Delegación de área a favor de membros da Xunta de Goberno: deléganse nos membros da Xunta de Goberno que se indican de seguido as funcións de xestión política das áreas de acción que se sinalan en cada caso:

–          D. Rosendo Luís Fernández Fernández en materia de facenda.

–          D. Jorge Pumar Tesouro, en materia de administración provincial.

–          D. Pablo Pérez Pérez, en materia de cooperación e seguimento do plan de mandato 2015-2019.

–          D.ª Montserrat Lama Nóvoa, en materia de transparencia e goberno aberto.

–          D. Plácido Álvarez Dobaño, en materia de emprego e industria.

–          D.ª Ana María Villarino Pardo, en materia de termalismo e turismo.

–          D. Manuel Doval Soto, en materia de cultura.

–          D. Juan Anta Rodríguez, en materia de deporte e mocidade.

Nas delegacións conferidas non se inclúe a facultade de ditar actos administrativos con efectos fronte terceiros, agás nos seguintes supostos:

A.- D. Rosendo Luís Fernández Fernández, como deputado delegado de área de facenda, exercerá as seguintes atribucións propias da Presidencia:

  1. a) O recoñecemento e liquidación de obrigacións de carácter contractual e subvencional.
  2. b) A ordenación de pagos de obrigacións recoñecidas previamente.
  3. c) A facultade de ditar todos os actos administrativos fronte terceiros en materia de xestión tributaria e recadación que correspondan a esta Deputación, tanto respecto dos seus tributos propios como dos tributos municipais delegados na Deputación.
  4. d) A incoación e resolución de procedementos sancionadores en materia tributaria.

(Exceptúanse do ámbito desta delegación aqueles actos de recadación que lle correspondan ao tesoureiro da Deputación Provincial).

  1. e) Os actos de trámite e resolución que lle correspondan á Presidencia en todo tipo de procedemento relativos a subvencións.
  2. f) A adxudicación e formalización dos contratos privados relativos á celebración de concertos, representacións teatrais e demais de contido artístico que se celebren no Teatro Principal, tanto dos contratados a caché como dos  verificados mediante alugueiro do edificio.
  3. g) A cesión temporal de uso das dependencias do Teatro Principal a entidades públicas e entidades privadas de interese público para fins que redunden en beneficio da provincia.

B.- D. Jorge Pumar Tesouro, como deputado delegado de administración provincial, exercerá as seguintes atribucións propias da Presidencia:

  1. a) A resolución dos procedementos de declaración de usuarios do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria nas situacións de alta, espera de alta, baixa ou suspensión do servizo, así como as resolucións de denegación do acceso ao servizo a aqueles usuarios que non cumpran os requisitos establecidos.
  2. b) A resolución de solicitudes de execución de obras, plantacións, e outras actuacións suxeitas a autorización previa, nas zonas de dominio público, servidume e afección das estradas de titularidade provincial
  3. c) A incoación e resolución de procedementos sancionadores por infraccións ao disposto na lexislación de uso e defensa das estradas provinciais.
  4. d) A resolución das solicitudes de devolución de garantías constituídas para a execución de obras ou outras actuacións en zonas de dominio público, servidume ou afección das estradas provinciais.
  5. e) A incoación e resolución de procedementos de reclamacións de responsabilidades a terceiros por danos nas estradas de titularidade provincial.
  6. f) A resolución de solicitudes de cortes de tráfico en estradas de titularidade provincial.
  7. g) A resolución de solicitudes de permisos de circulación de vehículos por estradas provinciais.
  8. h) A adopción dos seguintes actos de trámite nas obras executadas pola Deputación Provincial, tanto por contrata como por administración, así como os relativos a cortes de tráfico de estradas:

–          Actas de aprobación do plan de seguridade e saúde.

–          Actas de nomeamento da persoa que asume as funcións do recurso preventivo das obras que sexan por administración.

–          Comunicacións á autoridade laboral de apertura de centros de traballo das obras que sexan por administración.

–          Comunicacións á Xunta de Galicia de apertura de centros de traballo.

–          Actas de aprobación da avaliación de riscos (plan de prevención) de obras sen proxecto.

–          Autorizacións de gasto para a publicación en medios de comunicación social de anuncios de cortes de estradas. Non obstante, a sinatura dos anuncios corresponderalle á Presidencia.

  1. i) Os actos de trámite e resolución de expedientes en materia de xestión de recursos humanos, agás os seguintes:

–          Os actos relativos á oferta de emprego público.

–          Os actos relativos aos procedementos de selección de persoal e provisión de postos de traballo.

–          Os actos relativos a procedementos disciplinarios.

–          Os actos relativos á negociación colectiva que non lle correspondan ao Pleno.

C.- D. Pablo Pérez Pérez, como deputado delegado de cooperación e seguimento do plan do mandato 2015-2019, exercerá as seguintes atribucións da Presidencia:

  1. a)         A representación da Deputación Provincial nas comisións de seguimento dos convenios de cooperación entre a Deputación Provincial e o resto de entidades locais da provincia, incluíndo as facultades propias da Presidencia da dita comisión cando lle corresponda á Deputación.
  2. b)         Os actos de execución dos convenios de cooperación e asistencia a municipios e outras entidades locais da provincia, agás os que correspondan ao deputado delegado de facenda ou ao deputado delegado de administración provincial en materia de xestión económica e de recursos humanos, e os que lle correspondan á Presidencia en materia de recursos humanos.
  3. c)         O exercicio das atribucións que lle correspondan á Presidencia para a realización das funcións delegadas polos concellos na Deputación Provincial en materia de medio ambiente e xestión de servizos municipais, incluíndo en todo caso os seguintes:

–           Os actos de tramitación e resolución de permisos especiais de vertido (incluíndo, ademais, os procedementos de concesión dos ditos permisos, os procedementos de adopción de medidas correctoras das actividades autorizadas, os procedementos de modificación e declaración de caducidade dos permisos).

–           A incoación e resolución de expedientes sancionadores en materia de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e vertido de augas residuais.

–           A tramitación e resolución dos procedementos de retirada de vehículos estacionados na vía pública.

As delegacións especificadas nos apartados A, B e C anteriores, inclúen en todos os supostos a facultade de resolución dos recursos ou reclamacións que se interpoñan en vía administrativa.

2º.- Confírense, ao abeiro do artigo 63.4 do ROF, as seguintes delegacións especiais, a favor de deputados non integrados na Xunta de Goberno, para a dirección e xestión política dos asuntos determinados que se indican en cada caso:

  1. a) ª María Consuelo Vispo Seara, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia de  infraestruturas.
  2. b) José Antonio Feijóo Alonso, estudo e proposta de accións para realizar .durante o vixente mandato en materia de medio rural.
  3. c) Antonio Montero Fernández, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia  de emigración.
  4. d) Miguel Antonio Cid Álvarez, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia de enerxía e medio ambiente.
  5. e) ª M.ª Teresa Cerdeira Valiñas, estudo e proposta de accións para realizar durante o vixente mandato en materia de igualdade e ciclo da vida.

3º.- O exercicio das atribucións delegadas levarase a cabo con estrita suxeición á normativa vixente.

4º.- As delegacións conferidas producirán efectos a partir do día 20 de xullo de 2015, sen prexuízo da súa publicación no BOP.

5º.- Ordenar a publicación desta resolución no BOP e darlle conta ao Pleno na primeira sesión que teña lugar.

 

CREACIÓN E COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES.

Acordo:

–          Crear as comisións informativas permanentes que se indican a continuación:

                                                              COMISIÓNS
1.- ESPECIAL DE CONTAS, FACENDA E ECONOMÍA
2.- TRANSPARENCIA E ADMINISTRACIÓN PROVINCIAL
3.- COOPERACIÓN, INFRAESTRUTURAS E MEDIO RURAL
4.- IGUALDADE, BENESTAR E EMPREGO
5.- TERMALISMO, TURISMO E MEDIO AMBIENTE
6.- CULTURA, DEPORTES E MOCIDADE

 

            Cada comisión estará integrada por seis (6) representantes do Grupo Popular, tres (3) representantes do Grupo Socialista, un (1) de Democracia Orensana e un (1) representante do BNG. Será presidente de todas elas o presidente nato da Deputación, sen prexuízo da posibilidade da delegación da Presidencia efectiva pola súa propia decisión en calquera outro deputado para cando el non asista, de conformidade co previsto no artigo 27 a) do Regulamento Orgánico desta Deputación Provincial.

No cómputo dos seis representantes do Grupo Popular inclúese ao presidente. No suposto en que o presidente delegase a presidencia dunha comisión noutro deputado, automaticamente se designará un representante máis do Grupo Popular, co din de que manteña os seis representantes que lle corresponden en cada comisión.

Os grupos políticos designarán aos seus representantes en cada comisión, e poderán acordar a substitución destes, cando o consideren oportuno, mediante escrito que deberá dirixirse á Presidencia.

As sesións ordinarias das comisións informativas permanentes terán lugar do seguinte xeito:

–          Os mércores (a partir das 17.00 horas) da semana anterior á de realización do Pleno ordinario mensual:

. Especial de Contas, Facenda e Economía.

. Transparencia e Administración Provincial.

. Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural.

–          Os xoves (a partir das 17.00 horas) da semana anterior á de realización do Pleno ordinario mensual:

. Igualdade, Benestar e Emprego.

. Termalismo, Turismo e Medio Ambiente.

. Cultura, Deportes e Mocidade

Non obstante o anterior, e por motivos xustificados, a Presidencia poderá modificar os días e hora de realización das comisións, procurando en todo caso que teñan lugar entre o luns e o xoves da semana anterior á da sesión ordinaria do Pleno mensual.

As comisións informativas poderán realizar sesión extraordinaria ou extraordinaria e urxente, conforme coas normas xerais de aplicación.

 

DESIGNACIÓN DE CARGOS E REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL NOUTROS ORGANISMOS E ENTIDADES.

Acordo:

acordo:

– Designar aos seguintes cargos e representantes da Corporación nos organismos e entidades que se mencionan:

INORDE:

–          Presidente: D. Rosendo Luís Fernández Fernández.

–          Un (1) deputado provincial: D. Plácido Álvarez Dobaño.

–          Un (1) representante doutras organizacións empresariais diferentes da CEO: D. Aurelio Gómez Villar, presidente da Federación de Hostelería.

Catro vogais entre persoas con recoñecida actividade empresarial ou profesional:

–          A proposta do Grupo Popular:

  1. Lois Babarro Alén, presidente do Círculo de Xoves Empresarios de Ourense.

D.ª Ana Méndez Gil, vicepresidenta do Círculo de Xoves Empresarios de Ourense.

–          A proposta do resto dos grupos da Corporación:

  1. Armando Ojea Bouzo (DO)
  2. José Prieto Pérez ( PSdeG-PSOE)
  3. Francisco José Fraga Civeira (PSdeG-PSOE)

Como ouvinte D. Ramiro Rodríguez Suárez (BNG)

CONSORCIO DO SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DE VALDEORRAS:

–          Titulares:

  1. Juan Anta Rodríguez
  2. Pablo Pérez Pérez

–          Suplentes:

D.ª Consuelo Vispo Seara

D.ª Ana María Villarino Pardo.

CONSORCIO DO SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DE VERÍN:

–          Titular: D. Pablo Pérez Pérez

–          Suplente: D.ª Consuelo Vispo Seara

 

CONSORCIO DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DA LIMIA:

–          Titular: D. Pablo Pérez Pérez

–          Suplente: D.ª Consuelo Vispo Seara

 

CONSORCIO DO SERVIZO DE SALVAMENTO E CONTRA INCENDIOS DA COMARCA DO CARBALLIÑO –RIBEIRO:

–          Titular: D. Pablo Pérez Pérez

–          Suplente: D.ª Consuelo Vispo Seara

 

CONSORCIO PROVINCIAL DE OURENSE PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E DE SALVAMENTO:

–          Presidente: D. José Manuel Baltar Blanco

–          A proposta do Grupo Popular:

Titular: D. Joaquín Bautista Prieto Rodríguez, alcalde de Larouco

Suplente: D. Pablo Pérez Pérez

–          A proposta do resto dos grupos da Corporación:

Titular: D. Francisco José Fraga Civeira

 

XUNTA XERAL DE AQUAOURENSE, SOCIEDADE PROVINCIAL DE AUGAS E MEDIO AMBIENTE SA:

–          Titular: D. Plácido Álvarez Dobaño.

–          Suplente: D. Pablo Pérez Pérez

COMISIÓN LIQUIDADORA DE URBAOURENSE, SOCIEDADE URBANÍSTICA PROVINCIAL, SA:

–          A proposta do Grupo Popular:

  1. Jorge Pumar Tesouro (presidente).

D.ª Consuelo Vispo Seara.

–          A proposta do resto dos grupos da Corporación:

  1. Ramiro Rodríguez Suárez (BNG)

Dª. Cristina Gómez Dobarrio (PSdeG-PSOE)

–          5 persoas con especial cualificación técnica a proposta da Presidencia:

  1. Javier Martínez de Anta.
  2. José Manuel González Sánchez

D.ª Antonio Carlos Sánchez Moro

D.ª Eva Reza Paz

D.ª Begoña Álvarez Matos

–          1 secretario do Consello de Administración a proposta da Presidencia:

  1. Francisco Cacharro Gosende.

Así mesmo, o Pleno debe designar ao presidente do Consello de entre os membros designados e un ou varios vicepresidentes con funcións de suplencia en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

 

DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO PLENO NA XUNTA DE GOBERNO.

No mandato 2011-2015 delegouse na Xunta de Goberno unha única atribución da Presidencia, consistente na aprobación das bases reguladoras das convocatorias de subvencións para a súa concesión a través de procedementos de concorrencia competitiva.

Posteriormente, a Ordenanza xeral de subvencións da Deputación Provincial de Ourense (BOP 13-12-2013) reordenou as competencias en materia de subvencións, atribuíndolle a súa concesión ordinariamente á Xunta de Goberno, agás nos casos das subvencións plurianuais, cuxa concesión lle corresponde ao Pleno.

Con isto, a delegación conferida á Xunta de Goberno por decreto do 11 de xullo de 2011 quedou sen contido. Polo exposto, procede revogar formalmente o dito decreto do 11 de xullo de 2011, que desde  o 14 de decembro de 2013 perdera eficacia práctica.

Por outra parte, non se considera oportuno delegar na Xunta de Goberno o exercicio de atribucións propias da Presidencia por razóns de axilidade administrativa.

Polo exposto DISPOÑO:

Revogar a delegación anteriormente concedida á Xunta de Goberno por resolución do 11 de xullo de 2011.

 

REXIME DE RETRIBUCIÓNS, ASISTENCIAS E INDEMNIZACIÓNS A CARGOS ELECTOS E SUBVENCIÓN A GRUPOS POLÍTICOS. MODIFICACIÓN DA BASE 67ª DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA O EXERCICIO 2015.

 

Á vista do establecido nos artigos 75, 75 bis, 75 ter, 104 e 104 bis da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e tendo en conta a composición política da Corporación provincial para o mandato 2015 – 2019, así como os acordos acadados na Xunta de Portavoces do día da data, 20 de xullo de 2015, sométese á consideración do Pleno a seguinte proposta de acordo en materia de retribucións, asistencias e indemnizacións de cargos electos e de subvencións e dotación de recursos humanos e materiais para os grupos políticos da Deputación Provincial:

1º) Dáse nova redacción á base 67ª das bases de execución do orzamento vixente no exercicio 2015, introducíndose as modificacións que se indican a continuación:

  1. A) Mantense o réxime de dietas por asistencia a órganos colexiados, axudas de custo e gastos de locomoción establecidos nos apartados a) e b) da devandita base 67ª.
  2. B) Dáse nova redacción ao apartado c), co contido seguinte:

c) De conformidade co disposto no artigo 73.3 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, aboaráselle a cada grupo político con representación na Corporación Provincial as seguintes asignacións:

– Compoñente fixo: 900,00 € mensuais a cada grupo.

– Compoñente variable: 900,00 € mensuais por cada deputado.

Os grupos políticos terán dereito ao uso dun local no Pazo Provincial, dotado de mobiliario e enerxía eléctrica. Os restantes gastos de funcionamento, tales como material de oficina e gastos de teléfono e de correspondencia, serán de conta de cada grupo. No caso dos gastos telefónicos e de conexión a Internet, de ser estes soportados pola Deputación, deducirase a súa contía nas liquidación mensuais da subvención ao grupo.

Os grupos políticos non poden destinar as subvencións que perciban a aboar remuneracións do persoal que preste servizos na Corporación, nin á adquisición de bens que poidan constituír activos fixos patrimoniais. Os grupos deberán levar unha contabilidade específica na que figuren as subvencións percibidas e os gastos ás que estas se destinen, contabilidade que estará a disposición do Pleno da Corporación cando este a solicite”.

  1. C) Dáse nova redacción ao apartado d), co seguinte contido:

“d) A Deputación Provincial porá a disposición dos grupos políticos medios persoais para a realización de funcións de apoio, de confianza política e asesoramento especial, de conformidade coas seguintes regras:

A Deputación Provincial procederá á designación do dito persoal en réxime de persoal eventual, conforme co disposto no artigo 104 da Lei de bases de réxime local. O nomeamento será efectuado pola Presidencia a proposta dos grupos políticos, subscrito polo portavoz de cada grupo. A dita proposta terá carácter vinculante para a Presidencia, excepto no suposto en que recaia nunha persoa na que concorra calquera causa legal que impida o seu nomeamento.

O cese dos funcionarios eventuais será automático coa conclusión do mandato. Así mesmo a Presidencia poderá acorda-lo seu cese en calquera momento previa proposta do grupo político correspondente, que terá carácter vinculante.

Os postos de persoal eventual ó servizo dos grupos políticos recolleranse na Relación de Postos de Traballo e no Anexo de Persoal dos Orzamentos, coas características seguintes:

Os postos de técnico medio se asimilarán ao subgrupo A2, con nivel 26 de complemento de destino e un complemento específico de 14.396,48 € anuais.

Os postos de administrativo se asimilarán ao subgrupo C1, con nivel 19 de complemento de destino e un complemento específico de 12.033,14 € anuais.

O Grupo Popular disporá de tres técnicos medios e catro administrativos.

O Grupo Socialista disporá de dous técnicos medios e dos administrativos.

O Grupo de Democracia Orensana disporá de dous técnicos medios.

O Grupo do BNG disporá dun técnico medio e un administrativo.

Non obstante o anterior, un dos postos de técnico medio ao servizo do Grupo Socialista terá a consideración de persoal laboral fixo, podendo seguir sendo desempeñado polo persoal laboral indefinido existente ou, de se –lo caso, polo persoal laboral interino que o substitúa, ata tanto se regularice a situación deste posto de conformidade coa lexislación vixente”.

  1. D) Dáse nova redacción ao apartado e) da base 67ª quedando como segue:

“e) Dedicacións exclusivas: desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva os seguintes cargos da Corporación:

e.1) A Presidencia da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual de 5.166,09 € en 14 pagas.

e.2) A Vicepresidencia 2ª da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual equivalente á dun director xeral da Comunidade Autónoma.

e.3) A Presidencia do INORDE, con retribución íntegra mensual de 3.916,92 euros.

As retribucións correspondentes aos cargos sinalados nos apartados e.1), e.2) e e.3) serán en todo caso renunciables por parte dos seus titulares, sen prexuízo do cal manterase o dito réxime de dedicación exclusiva. Os cargos en réxime de dedicación exclusiva que non perciban retribucións neste concepto terán dereito ao cobro das axudas de custo e indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados da entidade á que, en cada caso, presente servizo.

e.4) Poderán exercerse en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, nos termos previstos na presente base, os cargos de portavoz e/ou coordinador dos grupos políticos. Para estes efectos, e dentro dos límites máximos sinalados nesta base, os grupos políticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinarán os cargos con dereito a retribución e nomearán ás persoas que os desempeñarán. Para a súa eficacia, os acordos dos grupos deberán ser ratificados por resolución da Presidencia, que unicamente poderá denegar a ratificación no caso de que o acordo do grupo político infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resolución da Presidencia deberá ditarse e notificarse ao grupo no prazo máximo dun día hábil dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputación, entendéndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme ás normas xerais en materia de procedemento.

Os grupos políticos definirán de xeito discrecional os cargos con réxime de dedicación exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funcións de coordinación xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinación en materias ou asuntos concretos.

Os límites aplicables son os seguintes:

– Grupo Popular: 2 dedicacións exclusivas e 2 dedicacións parciais ao 75 %.

– Grupo Socialista: 1 dedicación exclusiva e 2 dedicacións parciais ao 75 %.

Non existirán cargos con dedicación nos Grupos de Democracia Orensana e do BNG.

Cada cargo en réxime de dedicación exclusiva terá unha retribución de 41.000 euros brutos anuais. Os cargos en réxime de dedicación parcial terán a retribución que proporcionalmente lles corresponda.

  1. E) O actual apartado e) da base 67ª, relativo ás retencións do IRPF pola asistencia a órganos colexiados, pasa a ser o apartado f).

2º) Ao abeiro do establecido no artigo 57.3 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, o presente acordo, unha vez aprobado definitivamente e publicado no Boletín Oficial da Provincia, terá efectos dende o día 24 de xullo de 2015. No caso dos nomeamentos de cargos en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, a súa eficacia producirase dende a data do correspondente nomeamento, en caso de que este fose posterior ao 24 de xullo.

3º) O presente acordo someterase a información pública polo prazo de 15 días hábiles mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. Transcorrido o dito prazo sen que se formulasen alegacións o acordo entenderase automaticamente elevado a definitivo, procedéndose á publicación do texto íntegro da base modificada no Boletín Oficial da Provincia, en cumprimento do establecido no artigo 75 da Lei de bases do réxime local. No caso de formularse alegacións estas serán resoltas polo Pleno.

 

 

MODIFICACIÓN  DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E DO ANEXO DO PERSOAL DO ORZAMENTO PARA A CREACIÓN DOS POSTOS E PRAZAS DE PERSOAL EVENTUAL.

Acordo:

1º) Aprobar inicialmente a modificación inicial da Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial para o exercicio 2015, e o Anexo de Persoal, no seguinte sentido:

  1. A) No Servizo de Presidencia, dentro do Gabinete de Presidencia, créanse os seguintes novos postos de traballo, coas súas correspondentes prazas reservadas a persoal eventual:

1 Xefe do Gabinete da Presidencia, Persoal Eventual asimilado ao Grupo C1. Nivel 22. Posto singularizado. Complemento específico: 27.840,94 €/ano. Forma de provisión: non procede pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

1 Asesor de Proxectos Estratéxicos, Persoal Eventual asimilado ao Grupo C1. Nivel 19. Complemento específico: 12.033,14 €/ano. Forma de provisión: non procede pola especial natureza dos postos de persoal eventual.

  1. B) No apartado de persoal ao servizo dos grupos políticos, créanse os seguintes postos de traballo, coas súas correspondentes prazas reservadas a persoal eventual:

3 Técnicos medios de asesoramento ao Grupo Popular. Persoal eventual asimilado ó grupo A2. Complemento de destino: nivel 26. Complemento específico: 14.396,48 €. Forma de provisión: nomeamento pola Presidencia, a proposta vinculante do Grupo Popular. Requisitos específicos de titulación: non se esixen.

4 administrativos de asistencia ao Grupo Popular: Persoal eventual asimilado ó grupo C1. Complemento de destino: nivel 19. Complemento específico: 12.033,14 €. Forma de provisión: nomeamento pola Presidencia, a proposta vinculante do Grupo Popular. Requisitos específicos de titulación: non se esixen.

1 Técnico medio de asesoramento ao Grupo Socialista. Persoal eventual asimilado ó grupo A2. Complemento de destino: nivel 26. Complemento específico: 14.396,48 €. Forma de provisión: nomeamento pola Presidencia, a proposta vinculante do Grupo Socialista. Requisitos específicos de titulación: non se esixen.

1 administrativo de asistencia ao Grupo Socialista: Persoal eventual asimilado ó grupo C1. Complemento de destino: nivel 19. Complemento específico: 12.033,14 €. Forma de provisión: nomeamento pola Presidencia, a proposta vinculante do Grupo Socialista. Requisitos específicos de titulación: non se esixen.

2 Técnicos medios de asesoramento ao Grupo de Democracia Ourensana. Persoal eventual asimilado ó grupo A2. Complemento de destino: nivel 26. Complemento específico: 14.396,48 €. Forma de provisión: nomeamento pola Presidencia, a proposta vinculante do Grupo de Democracia Ourensana. Requisitos específicos de titulación: non se esixen.

2º) O presente acordo someterase a información pública por prazo de quince días hábiles, mediante anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, durante o que os interesados poderán formular reclamacións, que serán expresamente resoltas polo Pleno. En caso de non formularse reclamacións, entenderase, de forma automática, definitivamente adoptado o acordo ata entón inicial, procedéndose á súa publicación no BOP para a súa entrada en vigor.

 

 

 

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR SUPLEMENTO DE CRÉDITO E CRÉDITO EXTRAORDINARIO.

 

Acordo:

 

1º.- Aprobar a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:

 

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES E INVESTIMENTOS

 

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
420.11/410.00 A Organismos administrativos. INORDE 101.987,01 €
453.11/221.99 Materiais. Vías e obras 50.000,00 €
450.12/221.99 Materiais. Cooperación provincial 70.000,00 €
166.11/600.00 Invest terreos. Exprop. Provinciais plano cooperación provincial 200.000,00 €
453.12/214.00 Material transporte. Parque maquinaria 200.000,00 €
912.11/226.02 Información e publicidade. Corporación Provincial 129.000,00 €
912.11/226.01 Atencións protocolarias e representativas. Corporación provincial 75.000,00 €
912.11/485.00 Indemnización grupos políticos. Corporación  provincial 82.584,76 €
912.12/110.00

 

Retribucións básicas e outras remuneracións persoal eventual. Secretaría particular 231.380,00 €
912.11/160.00 Seguridade social. Corporación provincial 110.000,00 €
912.11/100.00 Retribucións. Corporación provincial 105.430,00 €

 

 

CRÉDITO EXTRAORDINARIO. GASTOS DE INVESTIMENTO

 

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
320.00/650.13 Programa EDUCOU administración xeral de educación 434.000,00 €

 

 

CRÉDITO EXTRAORDINARIO. GASTOS FINANCEIROS

 

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
433.00/831.00 Préstamos a longo prazo. Desenvolvemento empresarial 324.158,00 €

 

RESUMO

Suma suplementos de crédito ……………………………………. 1.355.381,77 €
Suma créditos extraordinarios ………………………………………………………. 758.158,00 €

 

RECURSOS UTILIZADOS

 

Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais  

2.113.539,77 €

 

3º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO PAZO DOS DEPORTES PACO PAZ E NOUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE.

Acordo:

Modificar a Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de servizos e a realización de actividades no Pazo dos Deportes Paco Paz e noutras instalacións deportivas da Deputación Provincial de Ourense, no sentido seguinte:

  1. a) Modifícase o artigo 5 da Ordenanza, que queda redactado do seguinte modo:

A Xunta de Goberno poderá conceder bonificacións nas tarifas por utilización do pavillón auxiliar e o pavillón principal ou das instalacións deportivas do Parque Tecnolóxico, previa solicitude dos interesados, cando concorran conxuntamente as seguintes circunstancias:

  1. a) Que a actividade para a que se van utiliza-las instalacións teña un claro carácter de interese público, social, cultural ou deportivo, non podendo tratarse, en ningún caso, dunha actividade susceptible de reportar un beneficio económico ó solicitante.
  2. b) Que a entidade solicitante acredite insuficiencia de medios económicos para o pagamento das tarifas, así como a imposibilidade ou grave inconveniencia de repercutir o seu custe nos usuarios da actividade de que se trate.
  3. b) As entidades interesadas deberán acreditar documentalmente a concorrencia das circunstancias sinaladas.
  4. c) A Xunta de Goberno graduará a porcentaxe da bonificación que conceda en función do grao de insuficiencia de medios económicos acreditado polo solicitante, sen que, en ningún caso, a bonificación poida exceder do 100 % da tarifa establecida.
  5. b) Engádese unha Disposición adicional única, co seguinte contido:

Disposición adicional: Excepcionalmente o Pleno da Deputación poderá regular, sen suxeición ás regras xerais establecidas nesta Ordenanza) e mediante convenios de carácter plurianual, o uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz por parte de entidades deportivas cuxa actividade poida considerarse de marcado interese xeral para a provincia.

Os convenios de uso das instalacións preverán en todo caso as contraprestacións a que se obriguen as entidades beneficiarias, que non terá porque ter un contido económico, pero si supoñer un beneficio social ou deportivo para a provincia, preferentemente vinculado ao fomento do deporte de base.

 

2º:-  Someter a modificación da ordenanza a información pública e audiencia dos interesados,  de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, polo prazo de 30 días hábiles, mediante anuncio que se publicará no BOP, realizándose tamén a pertinente publicación no taboleiro de edictos da Corporación. Durante o expresado prazo poden presentarse as reclamacións e suxestións que se estimen oportunas, que serán resoltas pola Corporación Provincial, coa aprobación definitiva, se é o caso, da modificación da ordenanza. Se non se presentan reclamacións ou suxestións entenderase elevado a definitivo o acordo de aprobación provisional adoptado.

MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CLUB OURENSE BALONCESTO PARA O USO DAS INSTALACIÓNS DO PAZO DOS DEPORTES PACO PAZ

 

Acordo:

Modificar o prazo de vixencia do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Club Ourense Baloncesto, S.A.D., para o uso das instalación deportivas do Pazo dos Deportes Paco Paz, ampliando a súa duración por un prazo adicional de cincuenta anos, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro do ano 2070.

O presente acordo queda sometido á condición suspensiva da aprobación definitiva da modificación da Ordenanza reguladora dos prezos públicos polos servizos prestados no Pazo dos Deportes Paco Paz.

 

MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CO CLUB OURENSE BALONCESTO PARA O USO DAS INSTALACIÓNS DO PAZO DOS DEPORTES PACO PAZ.

 

Acordo:

Modificar o prazo de vixencia do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Ourense e o Club Ourense Baloncesto, S.A.D., para o uso das instalación deportivas do Pazo dos Deportes Paco Paz, ampliando a súa duración por un prazo adicional de cincuenta anos, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro do ano 2070.

O presente acordo queda sometido á condición suspensiva da aprobación definitiva da modificación da Ordenanza reguladora dos prezos públicos polos servizos prestados no Pazo dos Deportes Paco Paz.

 

MODIFICACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2015, RELATIVA ÁS OBRAS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE O CARBALLIÑO, A MEZQUITA, PARADA DE SIL E VILAR DE SANTOS.

 

Acordo:

Acordar a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2015 relativa ás obras municipais dos concellos de:

– O Carballiño, minorando en 15.187,11 € o orzamento consignado para a execución da obra n.º 22/POS/2015 “Reparación de viais rúa Monxardín, Florentino Cuevillas, …”, fixando o dito orzamento na cantidade de 60.000,00 €.

– A Mezquita, refundindo nunha soa actuación, baixo a denominación “Arranxo do saneamento e fosas sépticas en Prado, A Porta e Rigueiriña e pavimentación da rúa Costa en Santigoso” cun orzamento de 50.000,00 €, as tres obras incluídas inicialmente no plan provincial por dito termo municipal coas seguintes denominacións e importes:

Obra n.º 52/POS/2015 “Arranxo do saneamento e substitución de fosas sépticas en Prado, A Porta” cun orzamento de 25.000,00 €.

Obra n.º 53/POS/2015 “Pavimentación rúa Costa en Santigoso” cun orzamento de 10.000,00 €

Obra n.º 54/POS/2015 “Substitución de fosa séptica en Rigueiriña” cun orzamento de 15.000,00 €

 

– Parada de Sil, incorporando ó plan principal –en substitución da obra n.º 62/POS/2015 denominada “Acceso a Porto”- a obra denominada “Reparación e bacheo das estradas municipais” cun orzamento de execución de 50.000,00 €.

 

– Vilar de Santos, incorporando ó plan principal –en substitución da obra n.º 96/POS/2015 denominada “Ampliación do centro de día de Vilar de Santos”- a obra denominada “Acondicionamento de edificio municipal para centro de iniciativas” cun orzamento de execución de 50.000,00 €.