O plan de formación do ISSGA para este ano inclúe 24 xornadas técnicas e 22 cursos básicos de prevención de riscos laborais, algúns en Valdeorras

issga-logoO Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), organismo adscrito á Consellería de Traballo e Benestar, está a poñer en marcha o seu plan de formación para o ano 2015 que inclúe un total de 24 xornadas técnicas e 22 cursos básicos en prevención de riscos laborais.

Por unha banda, os obxectivos das accións básicas son proporcionar o nivel de capacitación necesario para desenvolver as funcións de xestión da prevención e dotar ao empresariado da formación e dos coñecementos que os capaciten para xestionala nas súas propias empresas ou centros de traballo.

Unha das funcións máis importantes do ISSGA, recollida no seu Plan anual de actividades, é a información, asesoramento técnico e formación en materia preventiva. Por este motivo, o ISSGA márcase como un dos seus obxectivos principais ser unha entidade referente na difusión do coñecemento en materia preventiva, organizando cada ano nos seus catro centros provincias múltiples accións formativas, para transmitir unha verdadeira cultura preventiva na sociedade.

Os cursos programas son tanto presenciais como en liña. As actividades formativas presenciais impartiranse por técnicos especialistas nas distintas disciplinas preventivas e realizaranse nos centros provincias de seguridade e saúde laboral de xeito gratuíto e con carácter xeral, en xornada de mañá.

O número de prazas é limitado, polo que a selección dos asistentes se realizará en función dos distintos criterios como son as necesidades de homoxeneización do grupo, vinculación laboral coa prevención, incorporación ou mellora laboral e orde de inscrición. Para a impartición dos cursos esíxese un número mínimo de alumnos.

As solicitudes poderán facerse a través da páxina web do ISSGA ou cubrindo un documento anexo ao tríptico da oferta formativa, que deberá ser achegado ao centro de seguridade e saúde laboral, onde teña lugar a acción formativa.

Por outro lado, no Plan Anual de Actividades recóllese unha ficha específica coa modalidade formativa das xornadas técnicas na que consta a necesidade de organizar xornadas para actualizar os coñecementos e a formación de persoal técnico en prevención, delegados de prevención, empresariado e profesionais liberais, así como a colaboración con outras entidades e técnicos especializados para a realización de xornadas técnicas e seminarios.

También te podría gustar...