‘Ó Pé da rúa’ de J.L. Diz abre o Outono Fotográfico no Barco

Ó PÉ DA RÚA DE J.L. DIZ ABRE O OUTONO FOTOGRÁFICO

Como indica hoxe a web do Concello do Barco, este venres, 31 de outubro, a partir das 20 horas abrirá ao público, no hall do Teatro, a primeira das dúas exposicións incluidas no Outono Fotográfico: «Ó pé da rúa» de José Luis Diz, fotógrafo da agrupación O Potiños do Carballiño, vinte imaxes en branco e negro nas que o autor ofrece unha ollada comprometida coa realidade social. Poderá verse ata o 16 de novembro de luns a venres, de 10 a 13h30 e de 18 a 20 horas.

Segundo explica o propio autor «Ó pé da rúa» non çe unha exposición ao uso de imaxes bonitas, as rúas están cheas de historias que demandan a implicación do fotógrafo. Son fotos que que coma un berro seco estoupan nos ollos do espectador para contarlle unha parte do mal que está o mundo en pleno século XXI. Desigualdade, marxinación, pobreza, …son lacras sociais que conviven co chamado progreso nas nosas rúas.

También te podría gustar...