O obradoiro de emprego organizado conxuntamente polos concellos de Vilamartín, Larouco, Petín e A Rúa formou e deu emprego a 20 desempregados

Clausura 2 A Rúa

O obradoiro de emprego organizado conxuntamente polos concellos de Vilamartín, Larouco, Petín e A Rúa formou e deu emprego a 20 desempregados.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, participou hoxe na clausura e entrega de diplomas do  obradoiro de emprego “Emprende” posto en marcha o pasado mes de agosto e no que participaron  20 desempregados como alumnos de xardinería, procedentes dos concellos de Vilamartín, Larouco, Petín e A Rúa. No acto tamén estiveron presentes os rexedores dos catro concellos participantes nesta iniciativa Mª Jesús Candal, Joaquín Prieto, Miguel Bautista e Avelino García, respectivamente.

Durante os seis meses que durou este programa mixto de formación e emprego os alumnos recuperaron e acondicionaron no concello da Rúa a zona do parque infantil en Somoza e a súa contorna, os arredores da capela de Vilela, o parque municipal de Fonte e O Xestal.En Petín os alumnos deste obradoiro recuperaron as contornas dos centros sociais de Mones y Carballal, amais de acondicionar o espazo do antigo vertedoiro de Santa María. Polo que respecta ao concello de Vilamartín de Valdeorras, traballouse na zona das piscinas municipias e a zona do Bañadoiro. Por último, os desempregados que participaron neste programa mixto de formación e emprego executaron labores de xardinería na Aula de Natureza existente en Freixido, pertencente ao concello de Larouco.

Clausura Obradoiro  Rúa

 

No obradoiro de emprego “Emprende” a Consellería de Traballo e Benestar investiu preto de 178.000 euros.

 

También te podría gustar...