O novo camión de recollida do lixo de Sober será tamén unha nova plataforma turística do Concello

  • Sober presenta un novo camión de recollida do lixo, que ademais será unha nova plataforma turística do Concello
  • O vehículo foi rotulado con dúas grandes fotografías da ribeira do río Sil

 

O Concello de Sober presentou o novo camión de recollida do lixo co obxectivo de mellorar o servizo da recollida municipal e que sirva ademais como unha nova plataforma turística do Concello. Para iso o vehículo foi rotulado con dúas grandes fotos da ribeira do río Sil ao seu paso por Doade, imaxes moi representativas do Concello, polo que, tal e como explica o  rexedor, Luis Fernández Guitián, “servirá como elemento dinamizador do turismo local”.

No acto de presentación estiveron presentes o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o concelleiro de servizos, Abel López Fernández, un dos operarios do camión, Lorenzo Álvarez Rodríguez, o delegado de FCC Medio Ambiente da Zona Noroeste, Ernesto Barrio Vega, o xefe de Produción de FCC Medio Ambiente Galicia, Guillermo Davila Davila e o xefe de servizo da contrata, Bruno Ponte Castiñeira.

 

Mellora do servizo

O contrato de servizos subscrito polo Goberno local coa empresa FCC inclúe a adquisición deste novo camión que vén de presentarse e que xa está en funcionamento. O Concello de Sober prevé incorporar novas melloras, como o reparto de máis contedores polo municipio e seguir coas campañas de sensibilización da recollida selectiva.

Características do camión de recollida

O novo camión tamén vai permitir mellorar o servizo ao incorporar moita máis carga e máis compactación, polo que recollerá máis cantidade de residuos en menos tempo.

O vehículo foi elixido seguindo tres premisas: mínimas emisións de son e de gases de escape, alta maniobrabilidade e optimización máxima de todas as condicións que impón a lei vixente, sobre todo a de circulación e a de seguridade e hixiene.

Dispón ademais dun sistema de localización GPS de última xeración que permite a optimización das rutas de recollida, mellorando a eficiencia dos traballos e diminuíndo as emisións.

También te podría gustar...