Fotograf’a

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (MAPOu), presenta hoxe o primeiro documento impreso que se conserva do Padre Feijoo, a súa folla de grao. Coincidindo co aniversario do seu nacemento, o 8 de outubro de 1676, no Pereiro de Aguiar, o museo presenta a súa peza do mes de outubro cun estudo desta folla de grao, que terá lugar esta tarde ás 20 horas na sala de exposicións de San Francisco de Ourense.

Justo Carnicero Méndez-Aguirre será o encargado de explicar o interese deste documento, que será una das pezas que formará parte da exposición ‘O Padre Feijoo, cidadán libre da República Literaria’, organizada tamén polo museo e que se poderá visitar proximamente no Centro Social Afundación de Ourense.

A importancia desta folla de grao, defendida no convento de San Vicente de Salamanca, reside en ser o primeiro documento impreso do Padre Feijoo, pensador e ensaísta do que tan só ao longo do século XVIII, segundo Marañón, chegaron a imprimirse 420.000 volumes. As primeiras noticias sobre este documento ofrécenas uns manuscritos anteriores, os libros de Matrícula da Universidade, nos que o Padre Feijoo aparece xunto a outros compañeiros.