Manuel Baltar presidiu a reunión  do Consello Reitor do Inorde

O Consello Reitor do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), reunido hoxe baixo a presidencia do titular da Deputación de Ourense e presidente do Inorde, Manuel Baltar, aprobou a concesión de axudas 2015 por un importe total de 99.000 euros, que irán destinadas a solo empresarial e desenvolvemento de actividades comerciais e empresariais.

En concreto, en vista dos plantexamentos de colaboración propostos polos beneficiarios as axudas concedidas son: para o Concello de Cea (finalidade: parque empresarial), un importe de 50.000 euros; para o Concelllo de Riós (parque empresarial), un total de 35.000 euros; para o Centro Comercial Aberto de Ourense (para actividades do centro), un importe de 8.000 euros, e para a Asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense (actividades da asociación) a cantidade de 6.000 euros.