O Grupo de Teatro Chévere actuará no TLO este venres

2015-01-23-20.51.16

 

O grupo compostelán afincado en Teo que acaba de merecer o Premio Nacional de Teatro, por este traballo e por Eurozone, estará no TLO este venres, 6 de febreiro, ás 21 horas.

Oito actores en escena con toda a potente maquinaria Chévere. Esta Ultranoite é unha viaxe crítica e retranqueira polo tempo e o lugar onde nos toca vivir.

As entradas estarán á venda desde unha hora antes, a cinco euros.

También te podría gustar...